Tag Archive for: carral
Carral abre este venres, 7 de xuño ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño ás 12:00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 9 semanas que se ofertan dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 10.00 ata as 14.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 11anos, terán lugar ao longo de todo o verán divididos en quendas semanais (9), tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensinanza de Carral:
- 1ª semana: do 1 ao 5 de xullo (120 prazas)
- 2ª semana: do 8 ao 12 de xullo (120 prazas)
- 3ª semana: do 15 ao 19 de xullo (120 prazas)
- 4ª semana: do 22 ao 26 de xullo (120 prazas)
- 5ª semana: do 29 de xullo ao 2 de agosto (120 prazas)
- 6ª semana: do 5 ao 9 de agosto (120 prazas)
- 7ª semana: do 12 ao 16 de agosto (90 prazas)
- 8ª semana: do 19 ao 23 de agosto (90 prazas)
- 9ª semana: do 26 ao 30 de agosto (90 prazas)
O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.
As inscricións poden tramitarse ata o 14 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumprimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.

Inscrición
O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 28 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a cuarta quenda, entre o 14 e o 19 de xullo.
O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño.
Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.
As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@caral.es) ata o 28de maio.

O departamento municipal de Cultura ven de presentar o informe sobre o programa Teatro de Outono de 2023, que elabora o técnico de Cultura para avaliar as programacións e os seus impactos socioculturais.
Do informe conclúese a evolución positiva no incremento de asistencia aos espectáculos, sendo no pasado ano de 117 persoas; que o grupo maioritario de idade que asiste é o da franxa dos 41 aos 65 anos; que de xeito semellante a outros ámbitos culturais as mulleres supoñen 2 terzos do total de asistencia; que a obra que mellor puntuación obtivo foi Hugo, de Náufragos Teatro; que o método de comunicación que se demostra máis eficaz para coñecer a programación é a canle de Whatsapp “Novas Carral”, ou que os residentes nas parroquias máis rurais apenas asisten ao teatro.
Os datos cos que se confecciona o informe obtéñense fundamentalmente das enquisas que o público atende ao rematar as funcións. Nesta edición a enquisa contou con dúas partes, sendo a primeira a que preguntaba sobre a función que acababan de ver, e a segunda parte que só se cubría unha vez e que consultaba sobre hábitos de consumo de artes escénicas.
O Concello de Carral considera fundamental aplicar estas metodoloxías para a análise das programacións, para atender as preferencias dos públicos e para deseñar novos modelos que fomenten un aumento das prácticas culturais e que melloren os impactos na calidade de vida da cidadanía.
INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
DATAS: do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.
HORARIOS: (luns a venres, excepto festivos)
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas.
3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
LUGAR:
Recinto escolar e pavillón do Colexio Vicente Otero Valcárcel.
DESTINATARIOS:
Para nenos/as nados do 2013 ao 2020.
PREZO: 35 € (prezo indivisible / campamento completo)
OBSERVACIÓNS NA INSCRICIÓN:
1. Prazo entre o 12 (09:00 h) e o 19 de decembro (14:00 h).
2. Prazas limitadas (60).
3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
– Preferencia aos empadroados/as.
4. Publicación das listaxes:
– 20 de decembro (pago do 20 ao 22 de decembro)
Máis info na Casa da Cultura (981.67.25.80) ou en casadacultura@carral.es
Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.
En cumprimento das bases reguladoras da “Campaña de Neve 2024” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o MARTES 5 DE DECEMBRO, ÁS 10.00 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 6 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.
Aquí podedes consultar as bases do sorteo
O concello oferta 100 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende o 2 ata o 5 de outubro.
Dende ás 00:00 do luns 2 de outubro, concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas, culturais e educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes.
O prazo pecharase o día 5 de outubro ás 23.59 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 9 de outubro.
