A concellería de deportes e o club Patinaxe Alquimia de Carral celebran este sábado pola tarde este tradicional encontro. Read more
Tag Archive for: carral
A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more
Este venres ofrécese unha película de aventuras que narra a historia da NASA para levar o primeiro home á lúa. O próximo filme de Cine na Casa da Cultura é “First man (El primer
hombre)”.
A proxección do filme protagonizado por Ryan Gosling comezará ás 20:30 h. Non está recomendada para menores de 7 anos.
A entrada é de balde e o aforo limitado.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta o vindeiro domingo o espectáculo de teatro de rúa Saaabor!, da compañía Culturactiva. É o espectáculo que estaba previsto para levarse a cabo na programación das Festas do Socorro, pero que por enfermidade dun dos seus actores non se puido realizar.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
A función comezará ás 18:00 h. no Campo da Feira. Se as condicións meteorolóxicas non son as axeitadas, o espectáculo realizarase no Edificio Social Toñito Espiñeira.
Saaabor! é un espectáculo incluído en Cultura no Camiño, que promove AGADIC cos concellos polos que transcorren os camiños de Santiago.
As Concellerías de Deportes, Cultura, Educación e Servizos Sociais ofertan case 50 actividades para este novo curso. Read more
A Concellería de Cultura do Concello de Carral comunica que por mor de enfermidade dun dos actores do espectáculo Saaabor!, previsto para o sábado 7 de setembro, a función adiase ao domingo 29 de setembro.
No seu lugar este sábado ás 18:00 h. no Campo da Feira terá lugar o espectáculo A HISTORIA DE BRANCAFLOR. Nesta montaxe Fran Rei achégase á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.
O departamento municipal de Cultura pide desculpas polas molestias que poida ocasionar este cambio.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para
esta semana.O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A función comezará ás 18:00 h. con entrada libre e aforo limitado.
O venres á mesma hora, no Campo da Feira diante da Casa do Concello, Pakolas ofrecerá un espectáculo con cancións dirixidas a público infantil. No mesmo emprazamento e á mesma hora, o sábado chega Culturactiva cunha comedia gastronómica titulada Saaabor!, protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez.
O domingo remata esta programación cultural cun concerto do grupo galego The Cerne, interpretando clásicos do rock, do soul e do blues. A actuación comezará ás 19:00 h. no Campo da Feira.
Para facer posible esta programación, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Agadic e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
O departamento de Cultura convida a todos e todas a gozar das festas e das diversas manifestacións culturais que nelas teñen cabida.
A cuarta edición do ciclo Músicas Íntimas trae a próxima fin de semana os concertos de Silvia Penide, que actuará o sábado e presentará os temas do seu terceiro disco El Efecto Boomerang, e o veterano cantautor galego César Morán que actuará en formato trío na noite do domingo.
Un total de 55 nenos e nenas participaron das clases que se impartiron durante o mes de agosto. Read more