Tag Archive for: casa da cultura

unhapraia-wEste xoves, 28 de febreiro, ás 18:00 h, Trinketrinke teatro presenta “Unha Praia particular”, contacontos teatral dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das bibliotecas a partir do 25 de febreiro.

taberna-casa-do-patronA Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o 16 de marzo unha viaxe de índole cultural á zona de Lalín para visitar o complexo etnográfico da Casa do Patrón e o Pazo de Liñares no que se empraza o Museo Galego da Marioneta.

É unha viaxe deseñada para a participación de familias con nenos, que terán prioridade na inscrición. Os participantes poderán visitar o museo etnográfico da Casa do Patrón, unha das maiores coleccións deste tipo en Galicia, a sala de arqueoloxía do Castro de Doade cunha réplica dunha casa castrexa; e o Pazo de Liñares, do século XVII e no que está emprazado o museo dedicado á marioneta. O xantar será tamén na Casa do Patrón a base cocido, comida típica desta zona nestas datas do Entroido. Os menores terán ocasión de escoller outro menú.

As inscricións para esta viaxe débese facer na Casa da Cultura do 18 de febreiro ao 6 de marzo. As prazas son limitadas. As persoas que desexen participar sen a compaña de menores, poden anotarse en reserva para o caso de que non se cubran as prazas por parte de familias.

O prezo da viaxe é de 28 euros para adultos e 14 euros para nenos.

A compañía Trinketrinke Teatro será a encargada de ofrecer unha nova sesión de animación á lectura na Biblioteca municipal. Nesta Avidanaselvaocasión o título do conto que centrará o espectáculo é “A vida na selva”. É unha sesión para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

O contacontos terá lugar o xoves 31 de xaneiro, ás 18:00 h. na Biblioteca da Casa da Cultura. O aforo é limitado e é necesario retirar previamente as entradas, que son de balde. Poden retirarse nas bibliotecas a partir do luns 28 de xaneiro.

Xabier Cid - 2018wO Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior.

Co certame do 2019 cúmprense 22 edicións, sendo un concurso de referencia no ámbito da poesía galega.

Esta nova edición do premio contempla un prazo para presentar orixinais aberto ata o 6 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 31 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación da edición do libro gañador da vixésima primeira edición do concurso, titulado As bicis de Xabier Cid.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, no correo electrónico cultura@carral.es ou a través da web carral.es.

Bases 22º Premio de Poesía Concello de Carral

a nena2A nena azul é unha curtametraxe dirixida por Sandra Sánchez que conta a historia dunha rapaza que fuxe do colexio, refúxiase nunha praia na busca do seu pai, e alí coñece a outra nena que se lle parece moito. Está protagonizada por Carla Díaz, Sergio Zearreta e a carralesa Lucía González.

A película proxectarase no marco do ciclo Cine na Casa da Cultura, o venres 21 de decembro, ás 19:30 h. A súa directora presentará a curtametraxe e manterá un coloquio, xunto ás rapazas protagonistas, co público que asista á sesión.

A entrada é de balde e as localidades son limitadas.

A continuación, ás 20:30 h, segundo está previsto no programa de cine, proxectarase La Reina Victoria e Abdul, unha película baseada na historia real que aconteceu entre a raíña británica e un súbdito da India a finais do século XIX, e que foi dirixida por Stephen Frears.

O sábado 22 a sala de audiovisuais da Casa da Cultura acolle o filme Cars 3, que se presentará ás 17:00 h. Para esta sesión é necesario retirar previamente os convites.

O próximo xoves, 20 de decembro, Trinketrinke teatro estará na Biblioteca Municipal cun novo contacontos teatral.O Xornal-w

Aínda que habitualmente as sesión de animación á lectura se realizan o último xoves de cada mes, nesta ocasión adiantamos a nosa cita debido as vacacións de Nadal.

“O xornal de Lonxedetodo“ é o título da historia que presentará a gran Lilí Gruyère nesta sesión dirixida a nenos entre 3 e 8 anos.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das Bibliotecas a partir do 17 de decembro.

CARTEL_Beautiful Boy_OKOKO departamento municipal de Cultura segue co ciclo de Cine na Casa da Cultura, con proxeccións para este venres e sábado. A sesión do venres abrirase cunha curtametraxe galega, Beautiful Boy, de Fran X. Rodríguez, que manterá un breve coloquio cos espectadores. A continuación comezará a película inglesa Kingsman: el círculo de oro. Esta sesión comezará ás 20:30 h. Coco-284252293-large

Pola súa banda Coco será a película que se presente o sábado, ás 17:00 h. Para esta sesión de cine familiar recoméndase retirar previamente as entradas, que son de balde, e que reservan a localidade ata 5 minutos despois de iniciada a proxección.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos fixo entrega do premio da primeira convocatoria do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais á compañía Teatro da Ramboia, que presentou unha adaptación da obra Farsa de Bululú.

O Concello de Carral é un dos 23 que participan da iniciativa e que acollerá a obra teatral, que se estreará a finais do ano 2019.Presentación 1º premio Manuel María de proxectos teatrais - 2018 -2w

O Teatro Rosalía de Castro acolleu o acto de entrega do premio, que estivo presidido por Saleta Goi, presidenta da fundacíón convocante e víuva de Manuel María, e no que tamén estiveron representantes dalgúns concellos participantes e os membros do xurado. Por parte do Concello de Carral a representación no acto estivo a cargo do alcalde, José Luis Fernández Mouriño.

Para o Concello de Carral é importante apoiar este certame, xa que Manuel María mantivo unha especial relación coas xentes deste municipio grazas, precisamente, a unha das súas obras teatrais, Abril de lume e ferro, que trata sobre a Revolución de 1846 que rematou co fusilamento dos coñecidos como Mártires de Carral. Cando Manuel María foi homenaxeado co Día das Letras Galegas, a Concellería de Cultura quixo tamén sumarse á homenaxe incluíndo na súa programación teatral dúas obras do autor chairego. Co novo certame convocado pola fundación que honra a figura de Manuel María, Carral mantén o vencello con esta gran figura da literatura galega.

TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.

O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.

Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.