O Concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas e socio- educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes. Son un total de 95 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende ás 9.00 h do luns 7 de outubro.
O prazo pecharase o día 10 de outubro ás 14.00 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 14 de outubro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/09/Folleto-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-10-04 12:40:152026-04-01 09:39:29ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2024-2025 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE CARRAL
• As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 18 de setembro. • Ofertaranse actividades para diferentes idades en distintas categorías: deportes, educación e servizos sociais.
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abriuse hoxe, luns, ás 09:00 horas e estará activo ata o 18 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas da modalidade.
As prazas son limitadas e as solicitudes poderán presentarse presencialmente na Casa da Cultura, a través do formulario web habilitado para tal fin na web https://carral.es/escolas-municipais/ e a través da sede electrónica.
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros mensuais.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, ioga, patinaxe, rítmica e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio durante o horario escolar.
Equitación, baloncesto e pádel serán as opcións para o público xeral.
Pola outra banda, os adultos terán á súa disposición clases de zumba e ximnasia de mantemento. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
O centro acollerá tamén distintas actividades extraescolares entre as que se inclúen: robótica, debuxo e pintura, inglés, informática, baile moderno ou cociña.
Ademais, a escola municipal de música continuará coa súa formación de música e movemento nas mesmas instalacións.
Asociacións As asociacións ofrecerán diferentes opcións deportivas e culturais para os veciños e veciñas das parroquias.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
O programa estpola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/09/Escolas-municipais-curso-2024-2025-scaled.png18102560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-09-09 09:14:452026-04-01 09:40:20CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2024-2025
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/07/Rutas-a-cabalo-xullo-2024-scaled.jpg25601810Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-07-26 16:31:152024-07-26 16:32:04PUBLÍCANSE A LISTA DE ADMITIDOS E RESERVAS NA RUTA A CABALO – 27 DE XULLO
Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
O prazo de pago será dende o 26 ata o 30 de xullo (14:00 h).
Formas de pago: (28 €/alumno/a)
Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será imprescindible enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/07/Cursos_Natacion_Agosto2024-scaled.jpg25601804Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-07-26 15:04:192024-07-26 15:13:15PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO
O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para o VIII Torneo de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 7ª edición, celebrada nos meses de xullo e agosto do 2023, foron un total de 34 xogadores (17 parellas) os rexistrados nesta competición con formato de parellas e mixto.
O torneo dará comezo o próximo 5 de agosto e prolongarase ata o 15 de setembro. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.
O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.
Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 1 de agosto, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin:https://forms.gle/2kZP2uKjJMxBXGm86
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/racket-6308994_1280.jpg8531280Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-07-22 18:00:002024-07-22 14:40:02ABERTA A INSCRICIÓN PARA O VIII TORNEO DE PÁDEL DE CARRAL
O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para as rutas a cabalo do mes de xullo que terá lugar o sábado 27 de xullo entre ás 18.00 e as 19.00 h.
A actividade desenrolarase a cargo do Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente de Vigo), e está dirixida a persoas (maiores de 7 anos) que desexen gozar dos cabalos e a natureza.
O obxectivo desta competición é o fomento do deporte e a natureza entre a poboación, así como a posta en valor da riqueza medioambiental de Carral. Tamén quérese posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes do municipio.
Para todas aquelas persoas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 25 de xullo, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/fxmseP48VVxbDz7T7
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/07/Rutas-a-cabalo-xullo-2024-scaled.jpg25601810Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-07-22 08:00:002024-07-22 14:38:03ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS RUTAS A CABALO DO MES DE XULLO
Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
O prazo de pago será ata o 28 de xuño (14:00 h).
Formas de pago: (28 €/alumno/a)
Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será imprescindible enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cursos_Natacion_xullo2024-1-scaled.jpg25601804Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-06-26 19:04:402024-06-26 19:04:40PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO
Carral abre este venres, 7 de xuño ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño ás 12:00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 9 semanas que se ofertan dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 10.00 ata as 14.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 11anos, terán lugar ao longo de todo o verán divididos en quendas semanais (9), tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensinanza de Carral:
1ª semana: do 1 ao 5 de xullo (120 prazas)
2ª semana: do 8 ao 12 de xullo (120 prazas)
3ª semana: do 15 ao 19 de xullo (120 prazas)
4ª semana: do 22 ao 26 de xullo (120 prazas)
5ª semana: do 29 de xullo ao 2 de agosto (120 prazas)
6ª semana: do 5 ao 9 de agosto (120 prazas)
7ª semana: do 12 ao 16 de agosto (90 prazas)
8ª semana: do 19 ao 23 de agosto (90 prazas)
9ª semana: do 26 ao 30 de agosto (90 prazas)
O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.
As inscricións poden tramitarse ata o 14 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumprimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cartel-xeral-Final2.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-06-07 08:26:212024-06-07 10:30:59CARRAL ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2024
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-05-27 11:50:402024-05-27 11:51:22SORTEO DOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A colaboración do Ente Provincial con Concello de Carral remóntase ao ano 2002
O concello de Carral solicitou a finais do pasado mes de novembro a subvención do programa provincial para concellos para o mantemento do persoal técnico no servizo municipal de deportes.
A pasada semana publicouse no boletín provincial a concesión definitiva desta axuda, onde a contía económica que recibirá o Concello de Carral ascende a 15.000 €, ao tratarse o persoal contratado dun graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte a xornada completa. Esta aportación económica destinarase ao pago de parte do salario e os custos de Seguridade Social do técnico municipal de deportes.
Por outra banda, cambe destacar que este é unha axuda que a Deputación ven concedendo aos diferentes concellos da provincia dende hai máis de dúas décadas, no caso de Carral, dende o ano 2002. Con ela preténdese a promoción do deporte, actividades e servizos á cidadanía mediante a promoción da contratación de persoal especialista neste ámbito.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/Diseno-sin-titulo-22.png788940prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2024-02-22 13:53:002025-05-15 13:54:26A DEPUTACIÓN CONCEDE 15.000 € AO CONCELLO DE CARRAL PARA O MANTEMENTO DO PERSOAL DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES