A Concellería de Cultura do Concello de Carral programará entre os meses de novembro e decembro un total de 8 funcións de teatro, entre as que se inclúen tres espectáculos para público infantil.
O ciclo contará con compañías tanto afeccionadas, como é o caso do Aturuxo de Melpómene, como de profesionais. No caso dalgunhas das obras, os seus protagonistas son recoñecidos actores galegos con continua presenza en series da TVG. É o caso, por exemplo, dos actores Luis Iglesia e Xavier Deive, que estarán en Tabeaio co seu espectáculo de humor Sede de Mal.
O programa completo deste ciclo teatral é o seguinte:
“Viaxe a Dadá”
Teatro da Semente
teatro para bebés de 0 a 3 anos
Sábado 14 de novembro – 18:00 h
Edificio Social Toñito Espiñeira
“Desencaixados”
O Aturuxo de Melpómene
Sábado 21 de novembro – 20:00 h
Local Xente Nova – Tabeaio
“Sede de Mal”
Boneca Lareta con Luis Iglesia e Xavier Deive
Sábado 28 de novembro – 20:00 h
Local Xente Nova – Tabeaio
“Occidente”
Espello Cóncavo
Sábado 5 de decembro – 20:00 h
Local Xente Nova – Tabeaio
“Rodarirodari – Contos do tranvía”
Fantoches Baj
espectáculo infantil (4 a 12 anos)
Sábado 12 de decembro – 18:00 h
Edificio Social Toñito Espiñeira
“Rosalías”
Teatro do Antroido
para alumnado do IES de Carral
Xoves 17 de decembro
Local Xente Nova – Tabeaio
“A Alfombra Máxica”
Títeres Babaluva
actividade para bebés de 6 a 18 meses
Martes 22 de decembro – 17:00 h
Edificio Social Toñito Espiñeira
O acceso aos espectáculos é de balde ata completar o aforo.
A Concellería de Cultura ven prestando especial atención á programación teatral dos últimos anos, dado o aumento no número de espectadores.
A Deputación Provincial colabora co ciclo a través da súa Rede Cultural.