Tag Archive for: cultura

Cartel Cociña Entroido 2020.A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.

O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

As prazas son limitadas.

A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixaestrutura 15x844 e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.

Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.

Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.

O Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Logo Premio de Poesía CarralEdicións Espiral Maior.

Co certame do 2020 cúmprense 23 edicións, sendo un concurso de referencia no ámbito da poesía galega.

Esta nova edición do premio contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 3 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 29 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación da edición do libro gañador da vixésima segunda edición do concurso, titulado Cantar de Cortegada de Xurxo Alonso.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, no correo electrónico cultura@carral.es ou a través da web carral.es.

Bases XXIII Concurso de Poesía Concello de Carral

Cartel Cociña Nadal 2019.Nas actividades que a concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o Nadal, incluíuse un obradoiro de dous días para elaborar un menú especial para estas datas festivas. O curso, dirixido a adultos, levarase a cabo o 16 e 18 de decembro no Centro Municipal de Formación Antón Fraguas en horario de 20:00 a 21:30 h.

As persoas interesadas deberanse inscribir na Casa da Cultura aboando 5 euros antes do 12 de decembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acollerá mañá a proxección do documental Arte+Muller+Galicia destinada a alumnado de 3º da ESO do instituto de Carral.

O filme, dirixido pola experta en arte Rosario Sarmiento, expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte en Galicia.

O alumnado terá ocasión, despois da proxección, de manter un coloquio coa directora.

Con esta actividade, o departamento de Cultura pretende reforzar o coñecemento e difusión das nosas artes plásticas, á vez que quere poñer en valor o importante papel que na creación artística teñen as mulleres, que se teñen que enfrontar a maiores dificultades que os homes para desenvolver unha carreira profesional no mundo das artes.

DesdAndrea Andreu en Carral 2019e Chile chegou a cantautora Andrea Andreu para ofrecer no colexio público Vicente Otero un concerto didáctico, dentro do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa en Galicia, no que colabora o Concello de Carral a través da súa concellería de Cultura.

Andreu actuou para alumnado de 6º de primaria interpretando pezas do folclore chileno e explicando a orixe das cancións, os estilos musicais de Chile e a súa traxectoria como cantante e guitarrista.

Este encontro internacional desenvólvese en diversos concellos da provincia durante esta semana, coa participación de grupos de Colombia, Portugal, Chile, Rusia e España. O concerto de clausura terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o domingo 6 de outubro ás 19:00 h. con entrada libre.

O vindeiro venres, día 27 de setembro entre as 18:00 e as 19:30 h. organízase desde o departamento de Cultura, a través do programa Ler Conta Moito, e en colaboración coa OMIX de Carral, un obradoiro de banda deseñada para rapazas e rapaces de entre 9 e 16 anos na Biblioteca Publica Municipal.
Traballarase a creación de guións e personaxes, así coma as técnicas para facelo, tamén explicaranse aspectos da banda deseñada coma as viñetas, as elipses narrativas os planos, etc.
Se estás interesada/o, o prazo para anotarse é ata o día 26 de setembro na Casa da Cultura ou chamando ó 981.67.25.80. Lembrar que é totalmente gratuíto e que as prazas son limitadas.

Cartel (Imaxe)

As Concellerías de Deportes, Cultura,  Educación e Servizos Sociais ofertan case 50 actividades para este novo curso. Read more

A Concellería de Cultura do Concello de Carral comunica que por mor de enfermidade dun dos actores do espectáculo Saaabor!, previsto para o sábado 7 de setembro, a función adiase ao domingo 29 de setembro.FranRei_02_baixa

No seu lugar este sábado ás 18:00 h. no Campo da Feira terá lugar o espectáculo A HISTORIA DE BRANCAFLOR. Nesta montaxe Fran Rei achégase á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

O departamento municipal de Cultura pide desculpas polas molestias que poida ocasionar este cambio.