Tag Archive for: Vicente Otero Valcárcel

Quizais algúns ou algunhas de vos non o recordaredes pero Humor Amarelo era un programa de televisión nos que os/as participantes intentaban superar probas  de axilidade e habilidade.

Pois desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha saída a estas instalacións, para a mocidade de entre 8 e 17 anos.

Será o día 29 de setembro, saíndo desde o local Interxeracional (r/ Alcalde Juan Seijas, nº8, enfronte ó CEIP Vicente Otero Valcarcel) ás 16:30 e regresando ó mesmo lugar ás 20:00 h.

O prezo e de 10 €, e tes ata o 24 de setembro para anotarte, para o que deberás enviarnos a autorización da nai/pai por whatsapp ó 674.793.475, ou por correo electrónico a omix@carral.es.

Importante:

  • Recomendase levar roupa comoda e outra para cambiarse.
  • Avisaremosvos de cando teñades que facer o pago.
  • Se o tempo non acompaña cambiarase a actividade para outro día.


Los alumnos del Vicente Otero Valcárcel descubren el funcionamiento del Concello de Carral

O Concello de Carral recibiu o martes 27 de novembro, unha visita moi especial. En concreto, a dos alumnos de 2º de Primaria do Vicente Otero Valcárcel, que visitaron a casa consistorial, a Casa da Cultura e o Complexo Deportivo de Carral, descubrindo o funcionamento do Concello e percorrendo as instalacións e servizos municipais.

O circuíto arrincou na casa consistorial, onde os pequenos percorreron o salón de plenos, unha das dependencias que máis interese suscitou entre os alumnos. Alí, os nenos coñeceron de primeira man o funcionamento dos plenos e elixiron a un alcalde. O pequeno rexedor animouse mesmo a realizar algunhas propostas necesarias para Carral, como ‘a construción dunha montaña rusa no colexio’ ou ‘a instalación dunha piscina municipal máis grande’.

Outras das paradas da saída socioeducativa foron o departamento de Medioambiente, o de Urbanismo, o rexistro municipal, e a Casa dá Cultura, entre outras. No servizo de Medioambiente, por exemplo, o alumnado recibiu unha explicación das tarefas que se realizan nesta área e participaron nunha pequena masterclass de reciclaxe.

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Os escolares e o equipo docente do CPI Vicente Otero Valcárcel volverán ás aulas o vindeiro luns, día 5 de novembro, cunha gran novidade no centro educativo: cunha nova entrada composta por doce portas con apertura de saída de emerxencias.

Este cambio é froito dun acordo entre o Concello de Carral e a Consellería de Educación, que se comprometeu a substituír as portas convencionais por outras de emerxencias.

 

Coa premisa de non entorpecer a programación lectiva do centro, os traballos para instalar as portas realizaranse entre hoxe, venres 2 de novembro, e mañá, sábado 3 de novembro. Esta nova entrada ” mellorará considerablemente as condicións de seguridade deste centro”, sinalou a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte. O investimento total destinado a esta mellora ascende a preto de 8.000 euros.

 

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Esta novidade é froito dun acordo entre o Concello e a Consellería de Educación, que se comprometeu a financiar esta mellora

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL

O pavillón do Vicente Otero Valcárcel acaba de recibir un bo lavado de fronte. Todo grazas ás actuacións que o Concello de Carral acometeu neste espazo deportivo, unha das áreas máis utilizadas polo alumnado do centro educativo.

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL 1

Entre as actuacións acometidas no pavillón, destacan o pintado de varias paredes e a substitución de uralitas

Estas intervencións, que arrincaron no mes de agosto, termináronse para o inicio do curso escolar. Dentro a lista de actuacións destacan os traballos de pintura que se realizaron nalgunhas paredes do pavillón. O goberno local executou tamén o arranxo das uralitas da cuberta e dos canlóns, a retirada da rede situada no teito e a reposición do equipamento nos vestiarios desta instalación deportiva.

Con todo, estas non serán as únicas tarefas que se efectuarán no edificio. O Concello proxecta, a curto prazo, outros traballos que inclúen, por exemplo, o repaso das liñas de xogo do firme da instalación deportiva.