Tag Archive for: xuventude

O vindeiro 28 de agosto, a OMIX de Carral, organiza un día multi-aventura en Sanxenxo. Sairemos do local Interxeracional ás 9:00 h . e regresaremos ó mesmo lugar ás 21:00 h.

Karts, circuítos arbóreos, tirolina, tobogán acuático, canoas, bicis acuáticas, tiro con arco e máis actividades para as rapazas e rapaces nadas/os entre o ano 2007 e 2012.

Se estás interesado/a envíanos por whatsapp (674 793 475), correo electrónico (omix@carral.es) ou entréganos na OMIX (Local Interxeracional) a inscrición – autorización que atoparás aquí abaixo, entre o 8 e o 22 de agosto. As prazas son limitadas, por orde de inscrición e con preferencia para empadroados/as.

O prezo é de 17 €, e é moi importante que non pagues ata que che confirmemos a praza!

Nesta ocasión a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), lévavos a coñecer unha parte do noso patrimonio arquitectónico facendo unha visita á centenaria depuradora que temos no noso concello, e a facer un roteiro principalmente pola parroquia de Cañas, dentro do programa Patea Carral.

Será o día 18 de xuño, sábado, saíndo do campo da feira ás 9:30 h. e regresando arredor das 14:00 h.

Esta actividade destinada a maiores e 12 anos terá unha lonxitude de 12 km. a dificultade é baixa, e as recomendación as de sempre, auga, algo para comer, calzado axeitado, e chuvasqueiro.

O prazo para anotarse remata o xoves 16 de xuño e para elo tes que enviarnos a inscrición/autorización por Whatsapp ó 674.793.475 ou por e-mail a omix@carral.es, e  que atoparás no Facebook da omix_carral, na paxina web do concello (carral.es) ou no noso Instagram, omix_carral. A patear!

O vindeiro luns día 16 de decembro, realizarase a reapertura do local interxeracional (antigo Local da Xuventude), situado na R/ Alcalde Juan Seijas nº 8, baixo.

Este novo centro terá un horario de luns a venres de 16:00 a 21:00 h., e nel tanto a mocidade como as persoas maiores disporán do seu espazo. Un espazo que sirva de referencia e de punto de encontro e onde poderán desenvolver diferentes actividades.

O novo local interxeracional, dispón ademais de novo equipamento coma mesa de ping-pong, xogos de mesa, ou material deportivo, así coma de diferentes espazos coma a aula de informática, a aula lúdica, ou distintas estancias para reunións, encontros ou actividades.

Tamén informarvos que a partir de agora a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) pasa a estar na planta baixa de estas dependencia, lugar no que se atenderán todas as consultas e aquelas demandas que teña a mocidade.

 

Cartel (imaxe)

Entre os días 3 e 7 de marzo a OMIX de Carral, organiza unha excursión á neve, concretamente a Astún, estación de esquí do Perineo aragonés, para mozos e mozas a partir de 14 anos.

A saída realizaríase o día 3, desde a Casa da Cultura, ás 7:00 h. e o regreso ó mesmo punto ás 3:00 h. aproximadamente, da madrugada, xa do día 8.

O prezo da excursión é de 300 €uros, e inclúe o transporte, o aloxamento, a manutención (agás a comida do día 3 e a cea do día 7), o material deportivo (esquís, botas, bastóns e casco), o forfait para os catro días, clases de esquí (12 horas) e o seguro en pista e de viaxe así coma de responsabilidade civil.

Para facer mais cómodo o pago podedes realizalo en tres veces. O primeiro de 50 € no momento da inscrición, o segundo de 125 € ata o 15 de decembro, e o terceiro tamén de 125 € ata o 15 de febreiro. Temos que aclararche que si prefires recibir clases de snow terás que aboar un suplemento de 24 € (12 € polas clases e 12 € do equipamento deportivo), pero pola contra se tes o teu propio equipamento de esquí, pagarías 12 € menos e se levas o teu equipamento de snow, tampouco pagarías os 12 €.

Realizaremos unha reunión informativa da que avisaremos os/as participantes.

O prazo de inscrición remata o 15 de novembro e as prazas son limitadas. Para anotarte podes pasarte pola casa da cultura e se precisas mais información chamar ó 981.67.25.80

Cartel (imaxe)

O vindeiro día 17 de novembro, venres, ás 12:00 h. o alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño, inaugurará o esperado local da xuventude, acto ao que están invitados todas/os as/os veciñas/os.

Dito local situado na rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, planta baixa, e que se inaugura co nome de “José Antonio Gilda Ferreiro” é un espazo para o ocio e o tempo libre, pero tamén para formarse e que serva de punto de encontro e de relación entre a xuventude de Carral.

Con case 200 m2, os usuarios e usuarias disporán de luns a venres entre as 16:30 a 20:30 horas, de varios espazos para o seu aproveitamento. Un aula equipada con 12 ordenadores, para buscar información, facer traballos escolares, impresión de documentos ou xogar na rede, unha aula taller na que reunirte e traballar en grupo, unha sala de audiovisuais para proxeccións, e un aula lúdica, equipada con diferentes consolas (Play Station, Wii) e videoxogos. Terás tamén a túa disposición diferente material deportivo e de ocio, nun local no que terás acceso libre a internet a través de rede wi-fi. Poderás tamén informarte de temas que che interesan, coma actividades para a mocidade, axudas, becas, ou cursos, e mesmo solicitar o Carne Xoven. Esperámosvos!!