V CRONOESCALADA CICLISTA AO MONTE XALO

Para esta 5ª edición son xa máis de 50 os inscritos nesta proba ciclista de verán.

Gañador  4ª CronoEscalada. Fernando Díaz

Gañador 4ª Cronoescalada. Fernando Díaz

Un total de 58 ciclistas de distintos puntos de Galicia tomarán parte nesta 5ª edición da Escalada Ciclista ao Monte Xalo.

Esta competición, organizada pola Pena Ciclista Monte Xalo coa colaboración do Concello de Carral, arrinca este sábado 6 de agosto a partir das 17.00 h. A proba consta de 8,6 km que se inician no Campo da Feira de Carral e discorren cara ao Monte Xalo pasando polas poboacións de Cabrois e Castelo.

Con pendentes máximas do 14 %, esta é unha das probas máis duras e, pola beleza da paraxe natural no que se desenvolve, ao mesmo tempo una das máis atractiva do calendario ciclista do verán.

O tempo para bater por todos os participantes posúeo Ramón Roel, do Club Ciclista de Betanzos, que completou o percorrido en 19 minutos e 44 segundos en agosto do 2013. Debido ao gran nivel dos corredores inscritos, é probable que este ano se consiga mellorar esta marca.

Para máis información poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou ao teléfono 619.95.61.26 ou a www.pcmontexalo.com.