XII DÍA DO PATÍN EN CARRAL

A concellería de deportes e o club  Patinaxe Alquimia de Carral celebran este sábado pola tarde este tradicional encontro.

Cartel XII Día do PatínMañá sábado 30 de novembro, o  Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, organizan a décimo segunda edición do “Día do Patín de Carral” no Complexo Deportivo de  Paleo. A finalidade deste evento é a de fomentar unha práctica activa e saudable, sobre todo entre os máis novos, a través dunha disciplina deportiva.

Está previsto que ao evento acudan clubs, escolas, patinadores e afeccionados de toda a comarca, Culleredo, Arteixo, Laracha, A Coruña, Cambre, etc., e por suposto, Carral.  Con case un centenar de patinadores   pre-rexistrados, esta actividade aumenta o seu número de participantes ano tras ano.

A actividade comezará sobre das 16.00 da tarde e prolongarase ata as 19.00  h. Durante a xornada levarán a cabo actividades lúdico- formativas, como a decoración, mantemento e pintado de patíns e camisetas, proxección de campionatos da especialidade e documentais técnicos, clases de iniciación para aqueles novatos que nunca se puxeron uns patíns, xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Para aqueles que non teña os seus propios patíns, desde a organización prestaránselles uns para que todo o mundo poida probar e gozar desta xornada festiva.

Charla Día del PatínNesta edición contaremos tamén cunha charla gratuíta de Iago Roel, psicólogo de alto rendemento deportivo, que tratará sobre a práctica do deporte nos nenos e nenas e o rol dos pais e adestradores nesta relación. Está dirixida a todo o público en xeral e a pais, adestradores de mozos deportistas en particular.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580 ou no  mail deportes@carral.es.