8 DE SETEMBRO XLIII FESTA DA EMPANADA 2015
A partir das cinco da tarde do día 8 de setembro poderemos disfrutar da festa gastronómica de Carral, a festa da empanada. Cinco panaderías carralesas venderán os seus mellores produtos: empanada de atún, de bacallau, de carne,…etc,. As múltiples variedades que existen na terra carralesa feitas de forma artesanal con excelente calidade.
Tamén disfrutaremos de grupos do folclore galego, chegando por segundo ano dende Ordes, os cabezudos de Espadana Gaiteiros. Disfrutaremos das actuacións da AGrupación Folclórica Ximiela de Louro que nos visitan dende as terras de Muros e dos grupos tradicionais O Castro de Miño e o Grupo O Rueiro de Carral.