O artista e deseñador gráfico betanceiro, Luis Galán, fixo hoxe entrega de tres obras que formaron parte da exposición As Mariñas de nunca xamais que percorreu os nove concellos do Consorcio das Mariñas. O alcalde José Luis Fernández Mouriño e a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela foron os encargados de recepcionar os tres cadros que pasarán a formar parte do patrimonio artístico do que dispón o Concello de Carral.
Os cadros, que en breve estarán pendurados no Salón de Plenos e na alcaldía, representan tres lugares emblemáticos do municipio. Son o monumento aos Mártires da Liberdade, os muíños de Costa da Egua e o edificio modernista da depuradora de auga de Cañás. A técnica empregada por Luis Galán nestas obras é a ilustración vectorial e a impresión coa técnica glicée.
A concellería de deportes espera uns 50 inscritos para o torneo do 19 de decembro. Read more
Este sábado terá lugar unha nova edición deste trofeo carralés de Tiro con Arco. Read more
O xoves 17 de decembro, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía do Trinketrinke presentará un novo contacontos coa familia Ratoncia como protagonista, nesta ocasión será outro conto tradicional: “Os sete cabritos e o lobo”
Destinado ó público infantil de 3 a 8 anos.
Será o xoves 17 de decembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).
A entrada será libre.
Esta clásica competición futbolística terá lugar o día 26 de decembro ao longo de todo o día. Read more
A Concellería de Cultura do Concello de Carral, dentro do seu programa Teatro de Outono, ofrece o espectáculo infantil Rodarirodari (Contos do tranvía) da compañía galega Fantoches Baj, este sábado 12 de decembro, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h.
RodariRodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, manipulación de títeres e acompañamento musical en directo, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tema do xogo está presente para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que o músico Carlos Quintá, irá acompañándo co seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.
O espactáculo está recomendado para rapaces de 4 a 12 anos, e o acceso é libre ata completar o aforo. Prégase que o público sexa puntual para que unha vez iniciada a función non existan interrupcións.
A Biblioteca Pública Municipal organiza nestas datas, un obradoiro de decoración de Nadal dirixido a nenos e nenas entre 3 e 11 anos.
Os participantes crearán os seus propios adornos navideños coa axuda de monitores, utilizando diversas técnicas.
Será o día 23 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).
As prazas son limitadas polo que é necesario anotarse previamente na Casa da Cultura.
O ciclo de Teatro de Outono que desenvolve o Concello de Carral chega á súa cuarta función coa presentación de OCCIDENTE por parte da compañía Espello Cóncavo.
OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.
A representación terá lugar no local Xente Nova de Tabeaio, este sábado 5 de decembro, ás 20:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.
A Concellería de Educación, Traballo e Benestar coa colaboración da Asociación Xuvenil Mil e Pico realizan unha campaña de recollida de xoguetes que estén novos ou en bo estado para as familias sen recursos e con menores poidan ter o seu agasallo de nadal. Os puntos de recollida son o Concello, o Edificio Social Toñito Espiñeira e a Casa da Cultura. Para máis información pódese chamar ao departamento de Servizos Sociais 981613520.
Dende a Concellería de Educación, Traballo e Benestar organízase unha campaña de recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. Teñen prioridad polas datas nas que nos atopamos, os alimentos de nadal e alimentos en conserva. Pódense deixar nos establecementos colaboradores que teñen puntos de recolllida: Eroski, Día, en caixas nas entradas tanto do Ceip Vicente Otero Valcárcel como do Ies de Carral e na Farmacia Seijas de Tabeaio. Para máis información podedes contactar coa Concelleira Florinda Duarte ou co departamento de Servizos Sociais 981613520.