No Diario Oficial de Galicia publicouse con data 19 de maio de
2020 o Decreto 72/2020, do 10 de febreiro, no que se convocan
eleccións ao Parlamento de Galicia para o domingo 12 de xullo
de 2020.

As listas electorais que se van empregar neste proceso
electoral permanecerán expostas ao público na oficina de
Estatística deste Concello desde o día 25 de maio ata o 1
de xuño, ambos incluídos, para posibles consultas e
reclamacións, en horario

De luns a venres De 9:00 a 14 horas

Tamén poderán facer as súas consultas nos teléfonos
981217439, 981217426, 901101900.

A consulta deberá ser formulada polo propio interesado,
previa identificación. O documento de identificación deberá ser
algún dos que, para o acto da votación indica o artigo 85.1 da
Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que
apareza a fotografía do titular.

Carral, na data de sinatura electrónica que figura á marxe
O alcalde

Tamén se publica a listaxe das mesas electorais que actuarán en Carral nas devanditas eleccións ao parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

2020-5-25 Edicto exposición listas electorais Parlamento de Galicia 12-7-2020 web

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe, venres 22 de maio, unha resolución que autoriza aos titulares de montes ou terreos forestais e de fincas en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas ou aos que ostenten dereitos sobre os memos ao seguinte:

  • A levar a cabo actividades de xestión de biomasa, incluíndo rozas, traballos de mantemento e limpeza de restos en ditos terreos.

A seguridade viaria segue sendo unha prioridade para o goberno local de Carral. Tanto así, que o Concello acaba de sacar a licitación dous proxectos de mellora de viais por preto de 300.000 euros. Estas obras financiaranse a cargo do POS+2019 da Deputación A Coruña, e supoñerán unha mellora na rede de camiños en varias parroquias do termo municipal. En concreto, o Concello sacou a contratación un plan de mellora de viais na parroquia de Veira e un segundo de acondicionamento de vías en camiños de Sumio, O Canedo e Tabeaio.

Por unha banda, na parroquia de Veira actuarase en dous camiños: no de Lago e no que conecta a Igrexa de Veira con Argonte. En ambos os casos, as intervencións consistirán na limpeza e perfilado de cunetas, ampliación dos viais, mellora da base mediante subministración e compactación de saburra artificial e acondicionamento da capa de rodadura con mestura asfáltica quente.

Polo outro, o Concello proxecta un segundo plan de actuación que se executará nos seguintes camiños: o que une Lamagal e Sandiás (parroquia de Sumio), o de Fornos (O Canedo) e nun terceiro situado no lugar de Cambela (Tabeaio). Neste caso, proxéctase a limpeza das cunetas, ampliación dos viais e a mellora tanto da base mediante subministración e compactación de saburra artificial como da capa de rodadura con mestura asfáltica en quente.

En ambos os casos, as empresas poderán presentar ofertas ata o 5 de xuño de 2020. Posteriormente, as obras deberán executarse no prazo de dous meses.

 Escola Infantil Galiña Azul.

O LUNS 18 DE MAIO COMEZA O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISION NA ESCOLA

O prazo de solicitudes de praza para a escola para nen@s de 0-3 anos comeza o luns 18 de maio durante 10 dias hábiles.

Teñen que levar copia e orixinal do libro de familia, certificado de empadronamento e xustificación laboral de ambos proxenitores.Ademais de cubrir os impresos.
As persoas que tiñan praza o ano pasado soamente teñen que entregar os impresos de solicitude

Débese intentar solicitar a través da sede electrónica. No caso de que haxa familias que non poden facelo, teñen que pedir cita no TELEFONO DA ESCOLA DE CARRAL 608530809.
Os impresos poden descargalos no doga ou na paxina do consorcio www.igualdadebenestar.org
Dende o Concello deixaremos impresos na entrada do concello a partir do luns as 9 da mañan para aquelas persoas que non poidan imprimilos.
#escolainfantil

IMPRESOS NO SEGUINTE ENLACE DO DOG
https://www.xunta.gal/…/202…/AnuncioG1342-280420-0001_gl.pdf

O Concello de Carral retomou hoxe, mércores 13 de maio, as feiras municipais. Despois de dous meses de parón, o Campo da Feira acolleu hoxe a celebración do primeiro mercado despois do decreto de estado de alarma. A cita, que tivo lugar ao longo da mañá, transucrrió con absoluta normalidade. Con todo, para garantir a seguridade dos vendedores e vendedoras e a dos veciños e veciñas, o Concello estableceu un completo protocolo de seguridade.

O documento elaborado polo Concello esixía que houbese un 25% dos postos habituais ou autorizados. Por esa razón, o mercado de hoxe contou cun total de 12 postos de venda do sector agropecuario. Ademais, cada caseta gardaba unha distancia mínima de 6 metros con respecto a outros (así como unha separación lateral de 4 metros). O protocolo reflectía, así mesmo, o uso obrigatorio de luvas entre os vendedores e vendedoras.

Ao longo da mañá, a Policía Local e Protección Civil supervisaron o desenvolvemento da feira, asegurándose de que se cumprían, en todo momento, as medidas de seguridade fixadas polo Concello.

Debido a que aínda están pechadas as bibliotecas de Carral, e coa finalidade de que os rapaces manteñan contacto coas Lili_Gruyere_Lonxedetodopersonaxes das sesións de contacontos, os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, preparan para este semana uns vídeos cos que desexan saúdar e contarlles un conto. Será Lili Gruyere quen se encargue desta comunicación a través da páxina de Facebook de Cultura (CulturaCarral).

O primeiro vídeo farase público o martes 12, e os seguintes o xoves 14 e o sábado 17 de maio.

É un dos xeitos nos que o departamento de Cultura desexa manter actividade cultural. A súa páxina de Facebook ten publicado unha diversa oferta de contidos, propostas e suxestións de carácter cultural para axudar ás familias do municipio a superar o período de confinamento provocado polo Covid 19.

 

LIGAZÓN AO DECRETO: DECRETO 193-2020 Reapertura feira Carral produtos agrogandeiros dende 13-5-2020

 

DECRETO DA ALCALDÍA 199/2020, do 11 de maio

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19- REAPERTURA FEIRAS (3º DECRETO DA ALCALDÍA-11 DE MAIO DE 2020).
EXPEDIENTE: 2020/G003/000193

Logo de ditarse o meu decreto 110/2020, do 13 de marzo, para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19, entre as que se atopaba a de “Suspender as feiras/mercados organizadas polo Concello de Carral”, medida que se mantivo ( reiterándoa mediante o meu decreto 112/2020, do 16 de marzo)  durante este período, en aplicación do establecido no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,  e na normativa de desenvolvemento ditada na materia polo Goberno da Nación e polo Ministerio de Sanidade,

 

Logo de ver, porén, a Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad, publicada no BOE nº 130, do 09 de maio de 2020, con vigor, segundo a súa Disposición Final 6ª,  dende as 00 horas do 11 de maio de 2020 e aplicable, segundo o seu anexo, a todas as provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Logo de ver que o artigo 10.6 da citada orde establece que “ 6. Cuando así lo decidan los Ayuntamientos correspondientes, y debiendo comunicar esta decisión al órgano competente en materia de sanidad de la comunidad autónoma, podrán proceder a su reapertura los mercados que desarrollan su actividad al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública, comúnmente denominados mercadillos, dando preferencia a aquellos de productos alimentarios y de primera necesidad y procurando que sobre los productos comercializados en los mismos se garantice su no manipulación por parte de los consumidores. Los Ayuntamientos establecerán requisitos de distanciamiento entre puestos y condiciones de delimitación del mercado con el objetivo de garantizar la seguridad y distancia entre trabajadores, clientes y viandantes.

 

 En todo caso, se garantizará una limitación al veinticinco por ciento de los puestos habituales o autorizados y una afluencia inferior a un tercio del aforo habitual pudiendo alternativamente procederse al aumento de la superficie habilitada para el ejercicio de esta actividad de manera que se produzca un efecto equivalente a la citada limitación.”

 

Tendo en conta, por todo o indicado, a conveniencia de reactivar as feiras do Concello de Carral, con estricto cumprimento da normativa sanitaria ditada polas autoridades competentes ao efecto.

 

Tendo en conta a competencia do Concello en materia de mercados, segundo o establecido no artigo 80, apartado 2, letra g) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 25, apartado 2, letra i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes).

 

2.-A apertura comezará exclusivamente con venda directa de produtos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros, de acordo co establecido no apartado 1 do artigo 2 da Orde de 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo de 2020, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venta de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores aos efectos da realización de actividades agrarias.

 

3.-A realización dos mercados quedará suxieta ás condicións establecidas na devandita Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 (que se xuntan  coma anexo a este decreto), e ás demais normas de desenvolvemento que se diten, que serán as seguidas polo Concello aos efectos de establecer requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de garantir a seguridade e distancia entre traballadores, clientes e viandantes.

 

4.- Comunicar este decreto, a través do SIR, á Xefatura Territorial na Coruña da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 10.6 da Orden SND/399/2020, de 9 de mayo,  á Xefatura Territorial na Coruña da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, e á Delegación do Goberno en Galicia, a través do correo electrónico proporcionado telefonicamente, indicándolles que, segundo o establecido no artigo 44.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa, “En los litigios entre Administraciones públicas no cabrá interponer recurso en vía administrativa. No obstante, cuando una Administración interponga recurso contencioso-administrativo contra otra, podrá requerirla previamente para que derogue la disposición, anule o revoque el acto, haga cesar o modifique la actuación material, o inicie la actividad a que esté obligada.”, todo iso nos termos dos puntos 2, 3 e 4 do devandito precepto.

 

Sen prexuízo do indicado, contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano e no prazo indicados na lei mencionada.

5.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

6.- Comunicar este decreto aos servizos municipais afectados (que haberán de difundilo entre o público interesado e a poboación do municipio), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

 

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

ANEXO

 

Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad. (Extracto de principais preceptos, no que sexa aplicable a mercadiños ao aire libre, sen prexuízo da aplicabilidade da norma íntegra, e demais que sexan aplicables)

 

Artículo10.6 . Cuando así lo decidan los Ayuntamientos correspondientes, y debiendo comunicar esta decisión al órgano competente en materia de sanidad de la comunidad autónoma, podrán proceder a su reapertura los mercados que desarrollan su actividad al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública, comúnmente denominados mercadillos, dando preferencia a aquellos de productos alimentarios y de primera necesidad y procurando que sobre los productos comercializados en los mismos se garantice su no manipulación por parte de los consumidores. Los Ayuntamientos establecerán requisitos de distanciamiento entre puestos y condiciones de delimitación del mercado con el objetivo de garantizar la seguridad y distancia entre trabajadores, clientes y viandantes. En todo caso, se garantizará una limitación al veinticinco por ciento de los puestos habituales o autorizados y una afluencia inferior a un tercio del aforo habitual pudiendo alternativamente procederse al aumento de la superficie habilitada para el ejercicio de esta actividad de manera que se produzca un efecto equivalente a la citada limitación.

 

 

Artículo 11. Medidas de higiene exigibles a los establecimientos y locales con apertura al público.

 

  1. Los establecimientos y locales que abran al público en los términos del artículo 10 realizarán, al menos dos veces al día, una limpieza y desinfección de las instalaciones con especial atención a las superficies de contacto más frecuentes como pomos de puertas, mostradores, muebles, pasamanos, máquinas dispensadoras, suelos, teléfonos, perchas, carros y cestas, grifos, y otros elementos de similares características, conforme a las siguientes pautas:

 

  1. a) Una de las limpiezas se realizará, obligatoriamente, al finalizar el día.

 

  1. b) Serán de aplicación las indicaciones de limpieza y desinfección previstas en el artículo 6.1.a) y b).

 

Para dicha limpieza se podrá realizar, a lo largo de la jornada y preferentemente a mediodía, una pausa de la apertura dedicada a tareas de mantenimiento, limpieza y reposición. Estos horarios de cierre por limpieza se comunicarán debidamente al consumidor por medio de cartelería visible o mensajes por megafonía.

 

Asimismo, se realizará una limpieza y desinfección de los puestos de trabajo en cada cambio de turno, con especial atención a mostradores y mesas u otros elementos de los puestos en mercadillos, mamparas en su caso, teclados, terminales de pago, pantallas táctiles, herramientas de trabajo y otros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aquellos utilizados por más de un trabajador.

 

Cuando en el establecimiento o local vaya a permanecer más de un trabajador atendiendo al público, las medidas de limpieza se extenderán no solo a la zona comercial, sino también, en su caso, a zonas privadas de los trabajadores, tales como vestuarios, taquillas, aseos, cocinas y áreas de descanso.

 

  1. Se revisará, como mínimo una vez al día, el funcionamiento y la limpieza de sanitarios, grifos y pomos de puerta de los aseos en los establecimientos y locales comerciales minoristas.

 

(…)

 

Artículo 12. Medidas de higiene y/o de prevención para el personal trabajador de los establecimientos y locales que abran al público.

 

La distancia entre vendedor o proveedor de servicios y cliente durante todo el proceso de atención al cliente será de al menos un metro cuando se cuente con elementos de protección o barrera, o de aproximadamente dos metros sin estos elementos. Asimismo, la distancia entre los puestos de los mercados al aire libre o de venta no sedentaria (mercadillos) en la vía pública y los viandantes será de dos metros en todo momento.

 

(…)

 

Artículo 13. Medidas relativas a la higiene de los clientes en el interior de establecimientos y locales y en los mercados al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública.

 

  1. El tiempo de permanencia en los establecimientos y locales será el estrictamente necesario para que los clientes puedan realizar sus compras o recibir la prestación del servicio.

 

  1. Los establecimientos y locales, así como los mercados al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública (mercadillos), deberán señalar de forma clara la distancia de seguridad interpersonal de dos metros entre clientes, con marcas en el suelo, o mediante el uso de balizas, cartelería y señalización para aquellos casos en los que sea posible la atención individualizada de más de un cliente al mismo tiempo, que no podrá realizarse de manera simultánea por el mismo empleado.

 

  1. Los establecimientos y locales deberán poner a disposición del público dispensadores de geles hidroalcohólicos o desinfectantes con actividad virucida autorizados y registrados por el Ministerio de Sanidad, en todo caso en la entrada del local, que deberán estar siempre en condiciones de uso, siendo recomendada la puesta a disposición de estos dispensadores también en las inmediaciones de los mercados al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública.

 

  1. En los establecimientos y locales comerciales, así como los mercados al aire libre o de venta no sedentaria en la vía pública, que cuenten con zonas de autoservicio, deberá prestar el servicio un trabajador del establecimiento o mercado, con el fin de evitar la manipulación directa por parte de los clientes de los productos.

 

  1. No se podrá poner a disposición de los clientes productos de prueba no destinados a la venta como cosméticos, productos de perfumería, y similares que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes.

 

(…)

 

 

Artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo de 2020, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venta de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores aos efectos da realización de actividades agrarias. (No que non se opoña á Orden SND/399/2020, de 9 de mayo):

 

En todo caso, os operadores comerciais participantes e as persoas usuarias dos mercados locais quedarán sometidos ás seguintes normas específicas:

 

  1. a) En canto aos postos.-

 

Os postos deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros. Permítese unha separación mínima de 4 metros entre os laterais. Como forma de instalación dos postos na superficie do mercado, recoméndase unha disposición ao tresbolillo (en forma de triángulo equilátero, evitando que un punto de venta estea enfrontado a outro).

 

Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.

 

Recoméndase aos responsables dos postos poñer a disposición da clientela luvas desbotables. En todo caso, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta. Recoméndase contar con dispensadores de xel desinfectante para uso tanto das persoas vendedoras como das persoas usuarias de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

 

  1. b) En canto ás persoas vendedoras.- Serán as persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (SEVEDI) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA), parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.

 

  1. c) En canto ás persoas usuarias .- A distancia mínima entre cada persoa usuaria do mercado será de 2 metros coas excepcións que establece ao efecto a normativa estatal.

 

A Policía Local, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, e en xeral os axentes da autoridade, velarán por que dende o inicio ata a conclusión do mercado se respecte esta distancia mínima persoal, regulando se fose necesario o acceso para evitar aglomeracións e evitando na medida do posible calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda.

 

  1. d) En canto á limpeza e recollida.- Os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados ao efecto polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo, e en todo caso observar as determinacións que ao respecto se establezan nas ordenanzas ou bandos municipais”

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha resolución da Xunta de Galicia pola que se levanta a suspensión para a realización de queimas en terreos rústicos a partir do 11 de maio.

As persoas interesadas xa poden solicitar os permisos chamando aos seguintes teléfonos: 678 33 88 96 ou ao 012.

 

Desde o Concello de Carral facemos un chamamento aos veciños e veciñas do municipio para lembrarlles que, especialmente nestes días, é necesario extremar as medidas de hixiene e limpeza.

No caso do material utilizado como protección (máscaras, luvas de goma, etc.) e máis aínda no caso de que exista algún residuo procedente dunha persoa sospeitosa por coronavirus, será necesario extremar aínda máis as medidas de hixiene e limpeza, debendo utilizar unha tripla bolsa hermética e pechada para conter estes residuos sospeitosos. Esa bolsa deberá depositarse no contedor de inorgánicos.
Así mesmo, no caso dos paseos con cans é obrigatorio por lei non abandonar as deposicións dos animais na rúa.

Apelamos ao civismo dos nosos veciños e veciñas para que todos e todas podamos ter paseos agradables e cun mínimo risco para a saúde de todos e todas e sen contaminar o medio ambiente.

 

CARRAL MEDIDAS

O programa Educando en valores do Concello de Carral leva seis anos desenvolvéndose nos niveis de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Esta iniciativa segue en funcionamento aínda na crise sanitaria actual co fin de resultar de utilidade para as familias do municipio. Baixo esta premisa, poranse en marcha as seguintes accións dirixidas ao alumnado e tamén ás familias:

  • A miña caixa de ferramentas 3.0

Cada semana enviarase a través do correo electrónico do alumnado (en coordinación coas persoas titoras) unha proposta de actividade para facer (que poden ser un xogo, unha historia, ou un enlace para ver un vídeo, escoitar un audio…) relacionada cos contidos do programa.

  • Rede de apoio para o alumnado

a) Correo electrónico para consultas coa educadora:

Ao mellor algún/ha de vós neste momento precisades apoio para resolver algún conflito que se vos presente: situacións que vivides coa vosa familia; conflitos que teñades cos/as compañeiros/as polas redes sociais ou por teléfono; ou simplemente vos apetece compartir con alguén os vosos medos, os logros e aprendizaxes que estades facendo, ou as vosas inquedanzas. Nese caso poderedes contactar comigo a través do enderezo electrónico: educacionenvalorescarral@gmail.com .

Tamén se simplemente che apetece saudarme e dicirme como estás levando isto ou se queres consultarme cousas sobre os exercicios que vos vou propoñendo semanalmente podes escribirme aí.

b) Equipo de apoio entre iguais 3.0

Se neste momento no que tes máis tempo dispoñible che apetece axudar a outras persoas a poder sobrelevar mellor esta situación ponte en contacto comigo e entre todxs buscaremos formas de facelo.

A idea é crear un grupo de máximo 20 alumnos/as c@s cales deseñar e crear actuacións para apoiar a outros/as alumnos/as ou incluso a outras persoas de fóra do centro. Algúns exemplos poden ser: crear grupos de apoio para axudar coas materias académicas; crear grupos para compartir aficcións ou cousas que se nos dan ben: crear unha pequena revista ou canle con información e recursos interesantes, poñernos en contacto con persoas que se senten soas neste momento, etc

Se che gusta axudar ás demais ou se tes algunha habilidade que poder compartir, (escoitar, falar, debuxar, escribir, deseñar no ordenador, as redes sociais, sacar fotos, organizar, cantar, bailar, compoñer, as manualidades, a cociña, algún deporte, xogos, controlas moito dalgunha materia ou dalgún tema…) desexo poder contar contigo para este equipo.

  • Actividades en familia online: ‘Iogando coas emocións’ 

Trátase de talleres nos que participarán as familias e tamén as nenas e nenos a través de xogos, contos, cancións, exercicios de relaxación, estiramentos, etc Nestas sesións trabállase a intelixencia emocional dun xeito lúdico e ameno, e se procura ofrecer ferramentas que podan ser utilizadas no día a día polas familias.

A forma de facelo será a través dunha plataforma de videoconferencia, neste caso Zoom. A duración da sesíon sería de entre unha hora e unha hora e cuarto, dependendo das idades, e realizaríase cada 15 días.

So se realizará se hai un mínimo de 10 familias.

A primeira sesión está establecida para o sábado 9 maio de 11 a 12:15 da mañá. Para inscribirse podedes escribir ao correo electrónico detallado máis abaixo.

  • Vídeos ou audios para familias sobre educación emocional:

Cada semana colagarase un vídeo ou audio nesta páxina no que se falará de educación emocional ou no que se propoñan exercicios e xogos para facer coas crianzas en relación á intelixencia emocional, a comunicación, etc.

Para as posibles dúbidas que poidan xurdir nas familias respecto aos exercicios e actividades propostas ou respecto aos desafíos diarios respecto a educación emocional dentro do ámbito familiar podedes utilizar o seguinte enderezo electrónico: educacionenvalorescarral@gmail.com.

Información sobre o programa Educando en valores Concello de Carral