Logo de ditarse o meu decreto do 13 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.
Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, en especial, o establecido no seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas, a necesidade imperiosa de que as persoas permanezan nos seus domicilios, salvo algunha das causas excepcionais establecidas nese precepto, e o feito de que, pola súa disposición adicional terceira “Se suspenden términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo.”.
Tendo en conta por todo iso que, neste momento de emerxencia de saúde se ha de primar a loita contra a propagación do COVID-19 sobre calquera outra consideración, sen prexuízo da prestación dos servizos públicos, sempre que sexa viable a por medios non presenciais.
Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
R E S O L V O
1.- Reiterar, até novo aviso, as cancelacións e suspensións de actividades organizadas polo Concello de Carral indicadas nos puntos 1 a 3 do meu decreto do 13 de marzo de 2020, o peche das instalación municipais indicadas no punto 4 de tal decreto e a suspensión de feiras/mercados organizadas polo Concello de Carral.
2.- Indicar á cidadanía que, até novo aviso, permanecerán pechados ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) e a Casa da Cultura:
Atenderase aos veciños por medios telefónicos e telemáticos, por medio de teletraballo:
Teléfono da Casa do Concello: 981 670 002
Correo electrónico: correo@carral.es
Sede electrónica: http://sede.carral.es
Teléfono dos Servizos Sociais: 981 613 520
Correo electrónico: serviciossociales@carral.es
Teléfono da Casa da Cultura: 981 672 580
3.- A Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil prestarán os seus servizos de xeito ordinario, baixo as instrucións do Ministerio de Interior do Goberno de España.
4.-Todo o persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial deberá prestalos polos medios de teletraballo organizados polo Concello, no seu horario ordinario, e estar dispoñible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros cando fosen requiridos.
5.- Quedan suspendidas, ata que cambie a situación, as sesións ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas).
6.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.
7.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo entre a poboación do municipio.
Carral, 16 de marzo de 2020
O ALCALDE
Francisco Javier Gestal Pose