O Concello de Carral únese ao Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía da Unión Europea. A adhesión a este pacto aprobouse o luns 1 de abril no pleno cos votos a favor do Partido Popular de Carral e do PSOE, Asemblea por Carral non asistiu á sesión.

O Concello asume así o compromiso de contribuír cos indicadores que a UE fixa para o ano 2030: a redución do 40% de emisións de CO2 no territorio a través de medidas de eficiencia enerxética e dun uso de fontes de enerxía renovables, e a adaptación ao cambio climático. Ao subscribir o Pacto, Carral desenvolverá un plan de acción no prazo de dous anos.

Así mesmo, o pleno deu luz verde a delegar na Administración Xeral da Comunidade Autonómica de Galicia as competencias do Concello relativas á convocatoria de procesos selectivos para acceder ao corpo da Policía Local, así como ás prazas de auxiliares de Policía Local e ás de vixiantes municipais. A proposta de alcaldía aprobouse cos votos a favor do PP de Carral e do PSOE.

Durante a sesión plenaria realizouse tamén o sorteo e a designación dos membros das mesas que terán que actuar nas eleccións do 28 de abril.

Entre os días 22 de marzo e 12 de abril, no local da xuventude, todas e todos a/os que se acheguen, poderán observar a exposición “Reservas da biosfera”. Esta exposición foi cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), e poderedes visitala de luns a venres entre as 16:00 e as 20:00 h. no local da xuventude.

“Reservas da Biosfera” foi creada polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO, e a finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. A súa finalidade é a de harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o desenvolvemento sostible da súa poboación, podendo atopar nelas todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta.

En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza Gerês- Xurés).
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
• Situar ao territorio no mapa mundial.
• Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
• Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
• Recuperación das actividades económicas tradicionais.
• Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
• Xerar oportunidade de capacitación e formación.
• Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao
desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
• Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

20190325104627_00001

o souto dos prodixios1cadA Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de presentar a segunda edición do programa Papeques, que comprende espectáculos e cine para público infantil e familiar. Teatro, contacontos, películas e concertos configuran unha programación que se desenvolverá do 28 de marzo ao 12 de abril nas bibliotecas municipais, no local Xente Nova e no edificio social Toñito Espiñeira.

Todos os espectáculos son de balde e os aforos limitados. Para algúns deles será necesario retirar convites desde 48 horas antes da actividade.

Papeques comezará o xoves 28 de marzo con Un invento para chegar ao ceo, contacontos a cargo de Trinketrinke Teatro na Biblioteca da Casa da Cultura. Ao día seguinte proxectarase El bebé jefazo. O sábado 30 de marzo en Tabeaio presentarase a obra teatral O soutos dos prodixios de Producións Dispersas. A segunda sesión de cine será o xoves 4 de abril co clásico de Disney 101 Dálmatas. O primeiro espectáculo para bebés será un contacontos de Pavís Pavós na Biblioteca infantil o 5 de abril. Malasombra ofrecerá en Tabeaio un espectáculo para todos os públicos con pompas de xabón titulado Os fabulosos cleaners. Magín Blanco traerá o seu espectáculo musical Camiños ao Toñito Espiñeira o 11 de abril, e ao día seguinte, para pechar a programación, Títeres Babaluva ofrecerá un espectáculo sensorial para bebés titulado A alfombra máxica.alfonbraMaxica

O departamento de Cultura deseña este ciclo coa intención de que sexa vivido en familia. Cada función é unha aprendizaxe e un goce. É moi importante a implicación dos adultos para que os máis pequenos comprendan e asimilen os valores que se transmiten en cada espectáculo.

Tamén é importante que os pais leven os pequenos ás funcións que mellor encaixen coas súas idades. Na publicidade de Papeques distribuída polo municipio, así como na web municipal, indícase a información de cada actividade, as idades ás que se dirixe e se é necesario retirar convites previamente.

O Concello de Carral quere consolidar este programa no seu calendario anual. Nesta nova edición mudou de datas para trasladalo aos meses de marzo e abril, coa intención de mantelo nesta época do ano entre o Entroido e a Semana Santa.

Para algúns dos espectáculos cóntase coa participación da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural.

Programa Papeques 2019

Sesenta nenos do Vicente Otero de Carral descobren o funcionamento da ETAP de Cañás

Como parte do programa ‘Carral nun día’, sesenta alumnos de 2º de primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel visitaron a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Cañás. Durante a excursión, os escolares percorreron as instalacións da ETAP, a primeira traída de auga da cidade da Coruña, e descubriron o proceso que segue a auga desde a súa recollida no río ata o seu posterior potabilización.

Sesenta nenos do Vicente Otero de Carral descobren o funcionamento da ETAP de Cañás

Os pequenos aprenderon o que é o ciclo da auga

A actividade non terminou na estación, senón que despois de coñecer a ETAP, os pequenos coñeceron tamén a área recreativa da Brexa. Acompañados por Protección Civil e por persoal do servizo de Educación e Benestar, os nenos aprenderon cales son as especies de animais que viven este lugar.

quintetoinvento3O local Xente Nova de Tabeaio acollerá este sábado 9 de marzo un concerto do Quinteto InVento, cun repertorio de recoñecidas pezas latinoamericanas.

O concerto, que comezará ás 20:30 h, combinará obras orixinais con adaptacións que permitan escoitar grandes obras cunha nova sonoridade. Interpretarán obras de Astor Piazolla, Paquito d’Rivera, Vinicio Meza e Julio Medaglia, entre outros autores.

O Quinteto InVento é un grupo galego de música de cámara que xorde da amizade dos seus compoñentes, provenientes dalgunhas das principais orquestras de Galicia. O quinteto está formado por flauta, oboe, fagot, trompa e clarinete.

A entrada ao concerto é de balde. A Concellería de Cultura do Concello de Carral, organizadora do concerto, pide ao público puntualidade para evitar molestias unha vez iniciada a actuación.

unhapraia-wEste xoves, 28 de febreiro, ás 18:00 h, Trinketrinke teatro presenta “Unha Praia particular”, contacontos teatral dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das bibliotecas a partir do 25 de febreiro.

O acto de homenaxe e recoñecemento será presidido polo alcalde, que estará acompañado de Isidoro  Hornillos, presidente da federación galega de atletismo, e un conselleiro delegado do Real Club Deportivo da Coruña. Read more

taberna-casa-do-patronA Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o 16 de marzo unha viaxe de índole cultural á zona de Lalín para visitar o complexo etnográfico da Casa do Patrón e o Pazo de Liñares no que se empraza o Museo Galego da Marioneta.

É unha viaxe deseñada para a participación de familias con nenos, que terán prioridade na inscrición. Os participantes poderán visitar o museo etnográfico da Casa do Patrón, unha das maiores coleccións deste tipo en Galicia, a sala de arqueoloxía do Castro de Doade cunha réplica dunha casa castrexa; e o Pazo de Liñares, do século XVII e no que está emprazado o museo dedicado á marioneta. O xantar será tamén na Casa do Patrón a base cocido, comida típica desta zona nestas datas do Entroido. Os menores terán ocasión de escoller outro menú.

As inscricións para esta viaxe débese facer na Casa da Cultura do 18 de febreiro ao 6 de marzo. As prazas son limitadas. As persoas que desexen participar sen a compaña de menores, poden anotarse en reserva para o caso de que non se cubran as prazas por parte de familias.

O prezo da viaxe é de 28 euros para adultos e 14 euros para nenos.

FOTO CARRAL- Pasos de peatones inteligentes

O Concello de Carral iniciou o mércores 13 de febreiro, as actuacións para instalar o primeiro paso de peóns ‘intelixente’ do municipio. Esta nova senda dispoñerá dun sistema de iluminación capaz de alertar aos vehículos da presenza de peóns mediante unhas placas lumínicas implantadas no asfalto xunto con sinais verticais, tamén luminosas.

Os traballos iniciáronse nunha das sendas máis concorridas do municipio. En concreto, na situada na Avenida dúas Mártires. 

Con todo, despois de probar a efectividade deste novo sistema, a intención do goberno local é repetir estas actuacións noutros sete pasos de peóns: catro deles do núcleo urbano e outros tres na parroquia de Tabeaio, sempre ao longo da N-550.

Para acometer este plan, o Concello investirá preto de 80.000 euros procedentes dunha subvención da Deputación da Coruña. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, explicou que “se trata dun proxecto pioneiro en Galicia co que melloraremos considerablemente as condicións de seguridade viaria non municipio”. Este sistema está a dar moi bos resultados en grandes cidades como Madrid, Barcelona e Bilbao.

Novas recentes