Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de auxiliar de biblioteca.

Confíreselle a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto 7 das bases que rixen esta contratación.

20389_ACTA.doc

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde dos catros aspirantes con maior puntuación para cubrir os catro postos de albaneis: un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns, a xornada compelta e durante catro meses, para o departamento de Obras e Servizos do Concello.

Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto 7 das bases que rixen esta contratación.

20344_ACTA.doc

Por decreto da alcadía nº 302/2019, do 9 de xullo, resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as dos candidatos/as presentados/as, nomear os membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional para a contratación laboral temporal de un/ha auxiliar de biblioteca, a xornada parcial, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2019.

Por todo isto, emprázase aos admitidos para que o dez de xullo comparezan a última fase do procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ao 981670002

20246_Modelo Decreto

O docente da escola municipal de Fotografía de Carral, Cándido Díaz, ofrece un curso dun día facendo paseos fotográficos por Carral.

A actividade, que se realizará en dúas ocasións o 13 de xullo e o 3 de agosto, desenvolverase por lugares como a Costa da Egua, San Pedro de Rubieiro e polo río Barcés. Esta dirixida a afeccionados de todos os niveis e ten un prezo por alumno de 20 €.

Para máis información e inscrición as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral.

Este curso forma parte dunha serie de accións formativas relacionadas coa fotografía nas que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

cartel roteiros fotograficos_w

Por decreto da alcaldía 292/2019, do 4 de xullo de 2019, resolveuse aprobar a relación provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección para a contratación dun/ha auxiliar de biblioteca ao abeiro do Programa de Integración Laboral dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes (PEL-Concellos) 2019.

Outórgaselles a todos/as os/as admitidos/as provisional un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao 981670002.

20116_Modelo Decreto

Por decreto da alcadía nº 291/2019, do 4 de xullo, resolveuse elevar a definitiva a listaxe de candidatos admitidos provisionalmente e a súa aprobación así como nomear os membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional para a contratación laboral temporal de catro traballadores, albaneis (un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns), a xornada copleta, durante catro meses, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2019.

Por todo iso, emprázase aos admitidos para que o vindeiro luns día oito de xullo comparezan a última fase do procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ao 981670002

20114_Modelo Decreto

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, publica:

–DOG nº124 do martes 2 de xullo de 2019

RESOLUCIÓN POLA QUE SE REGULAN AS SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NAS ÁREAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

AnuncioC3Q2-210619-0004_gl

Francisco Javier Gestal Pose, alcalde do Concello de Carral, por medio do presente bando, fai saber:

Os propietarios de terreos (incluídas as zonas lindantes cos viais) teñen a obriga de mantelos limpos de maleza por seguridade, salubridade e prevención de incendios.
En caso de incumprimento o Concello, de acordo ca lei, poderá iniciar expediente de sanción e límpialo con cargo ao propietario

Máis información no servicio de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

A pasada semana tivo lugar a clausura das actividades do club de lectura de Carral deste curso 2018/2019.IMG-20190619-WA0009

O club de lectura, que comezou a súa andaina hai dous anos, forma parte das actividades desenvolvidas dende a Biblioteca Municipal e na actualidade está formado por quince participantes que se reúnen dúas veces ó mes.

Será no vindeiro mes de outubro cando retome a súa actividade con novas lecturas.

Por decreto da alcaldía nº 260/2019, do 20 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de un/ha auxiliar de biblioteca subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2019.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada parcial, durante seis meses, suxeito ás condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de tres días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 27 de xuño de 2019 incluído.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

bases auxiliar biblioteca