Por decreto da alcaldía nº 262/2019, do 21 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de catro traballadores (un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns (albaneis)) para a cuadrilla de obras do Concello subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2019.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada completa, durante catro meses, suxeito as condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de tres días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 27 de xuño de 2019 incluído.

Se as persoas interesadas desexan optar a máis dun posto deberán presentar unha instancia por cada un deles.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

bases albaneis

no way carral baixaO fotógrafo coruñés Xavi Gantes expón na sala do edificio social Toñito Espiñeira ata o 2 de xullo. A mostra, titulada No way, ofrece imaxes de rúa, na que os sinais de tráfico protagonizan o significado de cada obra. Gantes manexa a xeometría, a cor e a luz para que cada fotografía se converta nunha obra atractiva desde o estético e o conceptual.

Xavi Gantes ofrecerá unha visita guiada ás persoas que se acheguen á exposición o mércores 19 de xuño, entre as 20:00 e as 20:30 h. Esta actividade permite aos interesados na mostra, coñecer os procesos creativos e os motivos inspiradores de cada obra, comentados polo propio autor. O diálogo coas persoas asistentes contribúe a un maior desfrute e comprensión da exposición,

Na fin de semana do 29 e 30 de xuño, Gantes ofrece tamén un curso de fotografía de rúa. Terá lugar na Casa da Cultura de Carral, cunha sesión o domingo pola feira. Está dirixida a persoas de calquera nivel de dominio da fotografía e que dispoñan de cámara. As sesións do curso serán o sábado pola mañá e a tarde e domingo pola mañá. O prezo do curso, no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral, é de 40 euros. As inscricións deberán facerse na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).

Xa case coma unha tradición, este ano regresamos ó Aquapark de Cerceda. Nesta ocasión será o día 27 de xuño.

Esta excursión, organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil), está dirixida as rapazas e rapaces de entre 8 e 17 anos que sairán as 11:15 h. desde a Casa da Cultura, a onde tamén regresarán, sobre ás 19:30 h.

Abriremos un prazo de inscrición entre o 10 e o 25 de xuño, para o que aconsellamos non demorarse, xa que as prazas son limitadas. O prezo é de 8 euros.

Hai unha serie de recomendacións para pasar o día no parque acuático, non esquezas levar protección solar, nin unha gorra nin unhas chancletas e a toalla, e por suposto tampouco a túa comida.

Se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura, lugar ao que debes acudir se te queres inscribir.

Cartel (imaxe)

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai uns anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), e co de Malta, no que un mozo ou moza, poderá realizar un servizo de voluntariado nalgunha destas localidades, por un período de 6 meses, entre setembro de 2019 e marzo de 2020.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona este programa de voluntariado, o vindeiro xoves 13 de xuño, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa no Local da Xuventude, na que explicaremos en que consiste este proxecto, cales son as condicion do voluntariado, o aloxamento, a manutencion, etc. e responderemos a todas as dubidas que poidades ter.
Se estás interesado/a, pásate!

Cartel (Imaxe)

De acordo ca lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deberase presentar:

COMUNICACIÓN PREVIA AO CONCELLO PARA A REALIZACIÓN DAS FOGUEIRAS NA FESTIVIDADE DE SAN XOÁN

Máis información no servicio de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

comunicacion previa san xoan 2019

A Consellería de Medio Rural, publica:

– DOG nº98 do venres 24 de maio de 2019

AXUDAS Á APICULTURA

Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

AnuncioG0426-140519-0001_gl

AnuncioG0426-140519-0002_gl

Unha vez rematado o curso 2018-2019 das escolas culturais municipais, o alumnado de Fotografía presenta parte dos seus traballos na sala de exposicións do Edificio Social Toñito Espiñeira.

A mostra estará aberta ao público ata o mércores 5 de xuño.

foto para exposición fotografía

PHOTO-2019-05-29-21-13-32

 

Cartel Acto poesía 2019.A Casa da Cultura de Carral acollerá este venres, ás 20:00 h, o acto do 22º Certame de Poesía Concello de Carral, no que se lle entregará o premio a Xurxo Alonso por gañar esta edición co seu libro En luz escrita, e no que tamén se presentará a publicación do libro gañador do ano pasado, As bicis de Xabier Cid.

O acto estará presidido polo alcalde en funcións José Luis Fernández Mouriño, e contará tamén coa participación do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, e de Inma Otero, membro do xurado da presente edición.

Teatro do Atlántico pechará o acto co espectáculo poético musical De abrentes e ocasos, facendo un percorrido por poemas dalgúns dos nosos autores e autoras galegas máis significativas, coa música en directo ao piano de Nani García.

Como en edicións anteriores deste premio, o Concello de Carral, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, agasalla aos asistentes o libro que se presenta. Nesta ocasión Xabier Cid poderá dedicarllo aos participantes no acto.De abrentes e ocasos

Nesta semana tamén se están facendo os actos de entrega dos premios dos concurso escolar e xuvenil de poesía, no que se presentaron un total de 28 obras. Os actos estanse a facer nos centros de ensino, no que se premian os tres mellores poemas de cada categoría e no que se fai entrega a todos os participantes de agasallos consistentes en libros e discos cedidos pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e do propio Concello de Carral.