290 ciclistas chegados de todos os puntos de Galicia, e tamén de Asturias e León, mediranse no circuíto da parroquia carralesa de San Vicente de Vigo. Read more
A Concellería de Cultura continúa cos seus ciclos de cine e de teatro con dúas ofertas moi interesantes para esta semana. O venres, ás 20:30 h na Casa da Cultura proxectarase o filme Handia, que acadou 10 premios Goya e que narra a historia real dun mozo que non deixa de medrar.
O sábado, no local Xente Nova de Tabeaio a compañía Teatro do Atlántico presentará Helena, xuízo a unha lurpia no programa Teatro de Outono de Carral. A actriz María Barcala é Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da
esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra… A función comeza ás 20:30 h e prégase puntualidade xa que unha vez iniciada a obra non se permitirá o acceso á sala.TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.
O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.
Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.
A Casa Consistorial de Carral acolleu hoxe, venres 2 de novembro, a presentación oficial do I Ciclocrós Concello de Carral. Na proba, que terá lugar o próximo 25 de novembro, daranse cita ao redor de 300 ciclistas de toda Galicia e de todas as categorías.
Esta proba deportiva federada, organizada pola Peña Ciclista Monte Xalo en colaboración co Concello de Carral, realizarase nun circuíto habilitado en Ameás (parroquia de San Vicente de Vigo) e será puntuable para o campionato galego da especialidade.
Á presentación da proba acudiron representantes da Pea Ciclista Monte Xalo e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Rubén Regueira Moar.
Cartaz do I Ciclocross Concello de Carral
Os escolares e o equipo docente do CPI Vicente Otero Valcárcel volverán ás aulas o vindeiro luns, día 5 de novembro, cunha gran novidade no centro educativo: cunha nova entrada composta por doce portas con apertura de saída de emerxencias.
Este cambio é froito dun acordo entre o Concello de Carral e a Consellería de Educación, que se comprometeu a substituír as portas convencionais por outras de emerxencias.
Coa premisa de non entorpecer a programación lectiva do centro, os traballos para instalar as portas realizaranse entre hoxe, venres 2 de novembro, e mañá, sábado 3 de novembro. Esta nova entrada ” mellorará considerablemente as condicións de seguridade deste centro”, sinalou a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte. O investimento total destinado a esta mellora ascende a preto de 8.000 euros.
Esta novidade é froito dun acordo entre o Concello e a Consellería de Educación, que se comprometeu a financiar esta mellora
Entre os días 3 e 7 de marzo a OMIX de Carral, organiza unha excursión á neve, concretamente a Astún, estación de esquí do Perineo aragonés, para mozos e mozas a partir de 14 anos.
A saída realizaríase o día 3, desde a Casa da Cultura, ás 7:00 h. e o regreso ó mesmo punto ás 3:00 h. aproximadamente, da madrugada, xa do día 8.
O prezo da excursión é de 300 €uros, e inclúe o transporte, o aloxamento, a manutención (agás a comida do día 3 e a cea do día 7), o material deportivo (esquís, botas, bastóns e casco), o forfait para os catro días, clases de esquí (12 horas) e o seguro en pista e de viaxe así coma de responsabilidade civil.
Para facer mais cómodo o pago podedes realizalo en tres veces. O primeiro de 50 € no momento da inscrición, o segundo de 125 € ata o 15 de decembro, e o terceiro tamén de 125 € ata o 15 de febreiro. Temos que aclararche que si prefires recibir clases de snow terás que aboar un suplemento de 24 € (12 € polas clases e 12 € do equipamento deportivo), pero pola contra se tes o teu propio equipamento de esquí, pagarías 12 € menos e se levas o teu equipamento de snow, tampouco pagarías os 12 €.
Realizaremos unha reunión informativa da que avisaremos os/as participantes.
O prazo de inscrición remata o 15 de novembro e as prazas son limitadas. Para anotarte podes pasarte pola casa da cultura e se precisas mais información chamar ó 981.67.25.80
Alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.
Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.
O próximo sábado, 27 de outubro, o Concello de Carral celebra o Samaín cunha gran festa para tódolos nenos e nenas.
O pavillón do Espiño acollerá dende ás cinco da tarde, inchables, xogos e obradoiros de pintacaras e globoflexia.
Tres horas de diversión con música e baile e por suposto con disfraces propios da celebración.
Co comezo do curso escolar, a Biblioteca Municipal retoma as actividades de animación á lectura. Estas actividades están dirixidas a nenas de 3 a 8 anos e celébraranse como xa é habitual o último xoves de cada mes na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, dende o mes de outubro ata o mes de maio.
As sesións de contacontos estarán a cargo, un ano máis de Trinketrinke Teatro, uns vellos coñecidos dos nosos usuarios e comezarán o xoves día 25 de outubro ás 18:00 horas coa sesión: “A escola de Lonxedetodo”.
O mércores 24 de outubro, Trinketrinke presentará una sesión moi especial. Nesta ocasión dirixida ós máis pequenos da casa, nenos e nenas de 0 a 3 anos: “Paxariños”, un contacontos cheo de música e cor pensado para bebés. Será o mércores 24 de outubro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro)
Para asistir é necesario retirar con anterioridade a invitación nas Bibliotecas Municipais. As prazas son limitadas.
A Casa da Cultura acollerá desde este venres ata final de ano, trece filmes de diferentes xéneros. A serie comezará con catro películas de produción galega, continuando con
filmes de gran éxito de recadación e galardóns, programando nas datas do Nadal tres películas de animación para todos os públicos.O programa queda configurado así:
- NOVE DE NOVEMBRO: 19 de outubro
- PSICONAUTAS: 26 de outubro
- MIMOSAS: 2 de novembro
- SICIXIA: 9 de novembro
- CHURCHILL: 16 de novembro
- HANDÍA: 23 de novembro
- LA LIBRERÍA: 30 de novembro
- ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS: 7 de decembro
- KINGSMAN: EL CÍRCULO DE ORO: 14 de decembro
- LA REINA VICTORIA Y ABDUL: 21 de decembro
- COCO: 15 de decembro
- CARS 3: 22 de decembro
- GRU 3: MI VILLANO FAVORITO: 29 de decembro
O próximo venres ábrese o programa cunha película recentemente premiada na Semana de Cine de Autor de Lugo. Trátase da primeira película galega de temática LGTB. En Nove de novembro Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comeza a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Na proxección desta obra contarase coa presenza do director, Lázaro Louzao, que
presentará o filme e manterá un coloquio cos asistentes ao final da proxección.A entrada a todas as películas é de balde. Para a presentación dalgunhas das producións galegas cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.