A XUNTA REACTIVA AS NOTIFICACIÓNS PARA LEVAR A CABO QUEIMAS AGRÍCOLAS DE PARTICULARES
A Xunta de Galicia reactivou onte as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares.
As persoas interesadas poderán comunicar as queimas de restos agrícolas achegándose á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Carral, chamando ao 012 ou a través da ligazón.
A maiores, tamén se retomaron as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados.
Podes consultar toda a información aquí.