CARRAL ACOLLERÁ UNHA FORMACIÓN SOBRE COMPOSTAXE E RECICLAXE POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Con motivo do Día Mundial do Medioambiente, o 5 de xuño terá lugar unha formación arredor da compostaxe e como elaborala, así como unha charla sobre o funcionamento de recollida de lixo no Consorcio As Mariñas.
A actividade terá lugar no edificio Social Toñito Espiñeira, de 11:00 a 12:00 horas.
O curso está indicado para persoas adultas, que ademais poderán solicitar durante a xornada un composteiro que o Consorcio enviará ao seu domicilio.
É obrigatoria a inscrición previa, que pode facerse a través do 981 670 002 ou nos 881 913 545-881 913 533.