O PROGRAMA ERASMUS+, PROMOVIDO POLA OMIX, FOMENTA A MOBILIDADE ENTRE MOZOS/AS DE CARRAL, ITALIA E POLONIA
A OMIX leva un tempo traballando nun programa novedoso no concello, o programa ERASMUS+. Este programa que pretende fomentar a mobilidade entre a mocidade, así coma a aprendizaxe en diferentes ámbitos, como a educacion, a formacion o deporte ou a xuventude.
EVS CARRAL: Let´s experience volunteering!, é o nome do proxecto co que a OMIX de Carral, se involucra neste programa, sendo unha das pouco mais de cinco oficinas municipais de información xuvenil de toda Galicia, que se acolle ó SVE (servicio de voluntariado europeo) do programa ERASMMUS+.
Carral coma impulsor de este proxecto enviou unha voluntaria e un voluntario a Italia, concretamente ó Concello de Prato (IT), ademais de outra voluntaria ó Concello de Slupsk (PO). Así mesmo recibiu a unha voluntaria de Italia e a outra de Polonia. Este proxecto financiado o 100% pola Comision Europea, desenvolverase entre setembro de 2015 e marzo de 2016, temp no que os/as voluntarios/as, realizaran diferentes tarefas dentro dos respectivos concellos, e no que disporán de todos os gastos pagados, tanto o aloxamento coma a manutención, e incluso unhos cartos de peto.
Desde o Concello de Carral, desexamos a todos/as os/as voluntarios/as que pasen a mellor e mais proveitosa estancia posible.