XIII CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS DE NADAL DA OMIX
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), convoca, por décimo tercer ano consecutivo, o Concurso Infantil de Postais de Nadal, que dispón coma sempre de tres categorías que son: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos.
Todas/os aquelas/es nenas/os que queiran particpar, poderán entregar a súa postal, na Casa da Cultura, ata o día 27 de decembro.
As postais poderán incluír debuxos, recortes ou o que cada participante desexe, sendo a orixinalidade e a creatividade o mais valorado de cara a seleccionar a postal gañadora en cada categoría. Haberá un gañador por categoría, que recibirá o correspondente premio.
Os gañadores daranse a coñecer o luns, día 4 de xaneiro, na entrega de premios que se realizará na sala de audiovisuais da Casa da Cultura, a partir das 17:00 horas. Despois, todos as/os participantes poderán asistir a unha actuación sorpresa, e ao finalizar disfrutar con unha merenda.