MÁIS DE 200 CORREDORES PARTICIPARON NA XXII CARREIRA POPULAR DE CARRAL
A pesar da intensa choiva, moitos corredores non quixeron perderse esta tradicional proba.
A A.X. Mil e Pico, coa colaboración do Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia, a asociación Castelo Deporte e a tenda especializada Marathon Running Shop, organizou este domingo a vixésimo segunda edición desta clásica Carreira.
As primeiras edicións desta clásica proba deportiva datan de principios dos anos 80, e desde sempre, esta carreira destacou pola súa dureza e beleza. Nesta edición os corredores dividíronse en 8 categorías segundo as súas idades. Así, ás 11.00 h, os máis pequenos (pitufos e prebenxamíns) disputaron unha distancia de 90 metros; quince minutos despois foi a quenda dos benxamíns e alevíns cunha distancia de 900 metros; os infantís e cadetes correron ás 11.30 h algo máis de 1.700 metros; e finalmente, ás 12.00 h comezou a carreira absoluta, cunha distancia de 8.500 m, na que xuvenís, sénior e veteranos competían xuntos. O percorrido desta última proba discorreu entre estradas dos concellos de Carral e de Culleredo, transitando os lugares de Carral, a Brexa, Folgueira-Castelo, Cabrois e Paleo.
Todas estas probas non se poderían levar a cabo sen colaborárona os voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Carral e Culleredo, da asociación Castelo Deporte e do club de patinaxe Alquimia de Carral ademais da propia asociación Mil e Pico.
Unha vez terminadas as probas pasouse á entrega dos premios e trofeos. Os resultados quedaron da seguinte forma:
CLASIFICACIÓN BENXAMIN MASCULNIO
1 Mario García Mouriño 3´10”
2 Darío Ambite Santana 3´29”
3 Ismael Fuertes Greco 4´47”
CLASIFICACIÓN BENXAMIN FEMININO
1 Carlota Fontenla Pérez 3´31”
2 Jair Sarmiento Rodríguez 3´39”
3 Jimena Rodríguez Méndez 4´47”
CLASIFICACIÓN ALEVÍN MASCULINO
1 Mario Leiro Bermúdez 3´46”
2 Joel Sarmiento Rodríguez 3´52”
CLASIFICACIÓN ALEVÍN FEMININO
1 Antía Valdés López 3´56”
2 Andrea Gómez Candal 4´16”2ª
3 Carolina Brea Blanco 4´16”
CLASIFICACIÓN INFANTIL MASCULINO
1 Jacobo Fuertes Greco 13´14”
CLASIFICACIÓN INFANTIL FEMININO
1 Paula Boado López 9´27”
2 Clara Cortés Insua 9´28”
CLASIFICACIÓN CADETE MASCULINO
1 Alessandro Bertussi Lorenzo 6´58”
CLASIFICACIÓN CADETE FEMININO
1 María Sexto Pérez 8´05”
CLASIFICACIÓN SÉNIOR MASCULINO
1 Javier Tourís Fornos 29´18”
2 Abdelkader Bouguerroudi 29´24”
3 Jacobo Gesto Lago 29´29”
CLASIFICACIÓN SÉNIOR FEMININO
1 Priscila Suárez Méndez 37´19”
2 Alejandra Seoane Rial 39´29”
3 Lucía Requeijo Requeijo 39´53”
CLASIFICACIÓN VETERAN MASCULINO
1 José M. Corral López 31´28”
2 Pedro Alén Mijez 31´57”
3 Fernando Pérez Hernández 32´28”
CLASIFICACIÓN VETERANAS FEMININO
1 Sonia Botana González 38´17”
2 Elisa Paz Souto 39´40”
3 Mª José Grobas Garaboa 40´27”