CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA TÉCNICO/A DE MUSEO DURANTE DOUS MESES A XORNADA PARCIAL

O Concello de Carral inicia o procedemento de selección dun/ha técnico/a de museo ao abeiro das bases aprobadas por decreto de alcaldía 4/2017, do 5 de xaneiro de 2017, coas seguintes características:

– xornada parcial
– 28 horas semanais, de luns a sábado
– dous meses
– con cargo á subvención da Excma. Deputación da Coruña correspondente ao programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación (FO216).

O tempo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio e do correspondente anuncio no taboleiro do Concello (ata o 17 de xaneiro de 2017 inclusive).

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello chamando ao 981670002.

BASES20170109150830