O CLUB DE CHAVE ANS CONSEGUE O SEU 7º TROFEO DE NADAL DE CHAVE
A Concellería de Deporte, organizou este domingo 8 o 10º Torneo de Chave de Nadal.
Dentro da programación deportiva de Nadal, este domingo tivo lugar a X edición do Torneo de Nadal de Chave que organiza o Concello de Carral. O obxectivo desta actividade é o de fomentar a amizade e a unión entre as diferentes parroquias da localidade, á vez que a promoción deste xogo tradicional, moi arraigado no municipio.
Este evento deportivo tivo lugar pola mañá, desde as 11.00 h, no campo da Feira de Carral. No tomaron parte os 3 equipos federados da localidade (Ans, O Pazo de Quembre e Casa Couto) e o Portazgo como convidado. Coa escusa do parón do Nadal nas diferentes ligas federadas, ao redor de 40 deportistas aproveitaron para xuntarse e gozar dunha mañá de xogo neste primeiro encontro “chaveiro” do ano.
Despois duns competidos enfrontamentos que prolongaron a xornada deportiva ata as 13.05 h, os resultados definitivos foron:
1º Club de Chave de Ans, que con 114 chaves, consegue o seu 7º título nesta competición.
2º Casa Couto, con 79 chaves.
3º Club de Chave O Pazo, de Quembre, con 73 chaves
4º Portazgo, con 69 chaves.
No relativo ao Máximo Chaveiro, o trofeo foi a caer en mans do xogador do Ans, Juan, con 19 chaves.
Todos estes xogadores tomaron parte nunha competición amigable na que despois da entrega de trofeos a cargo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira, tal e como é tradicional no mundo da chave, gozaron duns aperitivos.