TERAPIA DE BAR PECHA O TEATRO DE OUTONO DE CARRAL

Foto cartez Terapia de barA compañía de teatro amador O Aturuxo de Melpómene pechará o ciclo de teatro que organiza o Concello de Carral. Farao con Terapia de bar, unha comedia de terror, vicios e manías. O bar “Da Costa” é un bar perdido no medio do monte, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada).

A función terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20:30 h. no local Xente Nova de Tabeaio. É un espectáculo para todos os públicos e con entrada de balde. Prégase puntualidade, xa que non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciada a obra.

Esta función teatral está incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.