FESTA DE REIS 5 DE XANEIRO 2018
Xa estamos cerquiña da data tan desexadas das familias o Día de Reis 👑👑👑. O Concello de Carral ten a comitiva real preparada para partir polas parroquias dende pola mañan ata a tarde chegar ao Pavillón o Espiño.
Pola mañan Irán por Quembre, Barcia, Herves, O Canedo, Cabra, As Travesas, Veira.
Pola tarde por Cabrois, Tabeaio, Sergude, San Vicente e Cañas.
Se escoitades as sirenas saíde que están cerca.
E os que queirades esperar en Carral a partir das⏰⏰ seis da tarde haberá inchables e talleres de nadal👲🎄🎁 no Pavillón O Espiño.
A hora prevista de chegada dos Reis a Carral é as sete da tarde onde atenderán a tódolos pequenos e daranlles caramelos e regaliños. Haberá roscón e chocolate para todos!! Animádevos a vir coa ilusión de sempre!!! #díadereis #reismagos #regalos
Queremos agradecer a colaboración desinteresada dos panadeiros que colaboran donando o Roscón de Reis 🍩🎄👲👲👑👑🎁para a Festa de Reis do día 5 de xaneiro no Concello de Carral:
PANADERIA BARCIA
PANADERIA BONOME
PANADERIA CAÑAS
PANADERIA DA CUNHA
PANADERIA DO PINCHO
PANADERIA JAIME MATA
PANADERIA JOSE ANTONIO
PANADERIA MANUEL RODRIGUEZ
PANADERIA MERCEDES
PANADERIA O FORNO DE ELENA
PANADERIA PEDRO FERNÁNDEZ
MOITAS GRACIAS!!!