MEDIO CENTENAR DE AFECCIONADOS CARRALESES ACUDIRÁN ESTE SÁBADO Á PISTA DE XEO DA CORUÑA

Mozos/ as da localidade  carralesa participan neste xa clásica viaxe deportiva. 

Cartel Pista Hielo_13.01Un ano máis a concellería de deportes de Carral organiza esta viaxe á pista de xeo (a pista  Invernalia no Paseo Marítimo). Mediante esta excursión o Concello de Carral busca fomentar a práctica deportiva e achegar novas formas de ocupación do tempo de lecer á poboación máis nova, vinculándoa como sempre coa idea dun hábito deportivo saudable. Para iso o departamento municipal dispuxo 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe.

O prezo da viaxe é de 8 €, que inclúen o transporte de ida e volta con monitores (tamén dentro da pista) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.

A excursión iniciarase este sábado 13 ao redor das 10.20  h, momento no que o grupo partirá cara á instalación deportiva na Coruña. Entre as 11.00 e as 12.00 os participantes poderán gozar da patinaxe sobre xeo, onde dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.

Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.