ENTREGA DE TROFEOS DO XIV TORNEO DE TIRO OLÍMPICO DE CARRAL
Este sábado entregaranse os trofeos da edición 2017 e inaugurarase a décimo quinta edición.
Este sábado, a partir das 20.00 h, terá lugar a entrega dos trofeos do XIV Torneo de Tiro Olímpico de Carral que reuniu a máis de 50 tiradores durante o ano 2017. Este evento deportivo disputouse ao longo do pasado ano (o segundo sábado de cada mes desde as 10.30 – 14.30 h e de 16.00 a 19.30 h), e estivo organizado polo Club de Tiro Olímpico da localidade e o Concello de Carral. Ademais, no mesmo acto inaugurarase a XV edición, celebrando a primeira concentración do ano.
Na edición do 2017, participaron 52 tiradores de toda a provincia divididos en 12 categorías e 3 modalidades diferentes, que abarcaron todas as idades e ambos os xéneros. O paulatino incremento de participantes fai que ano tras ano, esta competición se vaia consolidando como un dos torneos amateur máis importantes na Comarca.
O acto de entrega de trofeos e diplomas terá lugar nunha festa de clausura deste sábado, sobre as 20.00 h, xusto despois de terminar a primeira tirada da XV edición deste torneo que se disputará ao longo deste ano 2018 e na que xa están inscritos máis tiradores que a edición pasada.