CARRAL CELEBRA A SÚA XVIII EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA

A Concellería de Deportes conta con 9 clubs/escolas inscritos e ao redor de 200 deportistas.

SONY DSC

O pavillón de O Espiño acollerá o domingo 15 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo

Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, comezará ás 17.00  h e rematará ao redor das 19.00 h.

Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 9 clubs, colexios e escolas deportivas municipais; Colexio  Brexo Lema (de Cambre), o club  Velúa, o club  Raiola (Ferrol), o club Inercia (Narón), …, e por suposto o club Alquimia de e a escola deportiva municipal de Carral, que reunirán a uns 200 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o concelleiro de deportes Rubén Regueira, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.

As actividades que dende a concellería de deportes estanse a levar a cabo nesta primavera, continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2018. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no  mail deportes@carral.es.