O LUNS COMEZAN OS CURSOS DE NATACIÓN EN CARRAL
Máis de 90 nenos/as comezarán o luns as clases de natación nas piscinas municipais de Carral.
O luns 2 de xullo comezan os cursos de natación que durante o mes de xullo impartiranse nas piscinas municipais de verán. Este ano foron 92 os nenos e nenas de entre 3 e 15 anos inscritos nestas clases estivais.
Os alumnos distribuíronse en 4 grupos segundo as súas idades, e dentro de cada grupo establécense niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases do primeiro grupo, impartirase entre as 10.45 e as 11.30 h, e nelas participarán os mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. Xusto a continuación, entre as 11.30 e as 12.15 h, será a quenda dos nenos e nenas de entre 8 e 11 anos. No terceiro grupo, de 12.15 a 13.00 h, a idade dos alumnos e alumnas é de 6 a 7 anos. Finalmente, os máis pequenos, de 3 a 5 anos, acudirán ás súas clases entre as 13.00 e as 13.45 h.
As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.