AFACO ORGANIZA EN CARRAL UN CURSO FORMATIVO PARA COIDADORES DE PERSOAS CUNHA DEMENCIA

O Concello de Carral, AFACO, a Federación de Alzhéimer de Galicia e a Consellería de Política Social organizan os días 26,27 e 28 de novembro un curso formativo dirixido a coidadores e coidadoras de persoas cunha demencia.
Estas sesións levarán a cabo de 17 a 20 horas na Casa da Cultura de Carral e os interesados ou interesadas en anotarse deben chamar AFACO no teléfono 981205858 ext. 3001.

AFACO