INFORMACIÓN SOBRE AS RESTRICIÓNS PARA O COIDADO DA HORTA
O Concello de Carral informa sobre as restricións para o coidado da horta:
- As persoas propietarias de terreos, hortas ou viñedos para o autoconsumo poderán realizar desprazamentos imprescindibles para atender ás súas fincas dentro do mesmo termo municipal ao da residencia habitual.
- Se estes terreos se atopan noutro concello, o desprazamento debe ser autorizado baixo declaración responsable, sempre e cando non diste máis de 5 quilómetros do domicilio.