INFORMACIÓN SOBRE A OBRIGACIÓN DA XESTIÓN DE BIOMASA
O pasado sábado, a Xunta de Galicia acordou levantar a suspensión do prazo legal para cumprir co deber de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias, que estaba fixado para o 31 de maio. Agora haberá dous meses máis correspondentes aos días transcorridos durante o estado de alarma.
Máis aló desta ampliación, Medio Rural remarca que as empresas forestais “poden traballar con normalidade”, polo que “calquera particular lles pode encargar estes labores”. “É algo que non se está vendo condicionado”, asegura.