O CONCELLO DE CARRAL PROHIBE REGAR CON AUGA DA TRAÍDA ENTRE AS 8.00 E AS 24.00 HORAS
Na época na que nos atopamos, e tendo en conta os elevados picos de consumo de auga que estamos a ter, para evitar problemas maiores a curto prazo como mesmo problemas de abastecemento á poboación, o Concello de Carral prohibe regar con auga da traída entre as 8.00 e as 24.00 horas.
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral ou no teléfono 981 67 00 02.