O CONCELLO INICIARÁ ESTA SEMANA AS OBRAS DE ADECUACIÓN DA CONTORNA DAS ANTIGAS VIVENDAS DOS PROFESORES

O Concello de Carral iniciará esta semana as obras de adecuación da contorna das antigas vivendas dos profesores.

Estes traballos responden á demanda dos veciños da zona, dado o seu estado actual. Con iso, o goberno local pretende facer deste espazo un lugar seguro para o alumnado e pais e nais que acceden ao recinto á hora da saída en época lectiva.

Así, nunha primeira fase pavimentaranse e adecuarán os accesos, para posteriormente colocar unha marquesiña ao longo das vivendas. A primeira fase contará cun orzamento que excede os 39.000 euros.