ANDAINA POLO PARQUE EÓLICO DAS ENCROBAS

Gustaríavos coñecer o parque eólico das Encrobas? Este domingo, 17 de outubro ás 10.30 horas no Marco das Eiras realizarase unha andaina de 2 km pasando polos distintos puntos onde está prevista a instalación de aeroxeneradores.

A actividade está organizada pola Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo en colaboración co Concello de Carral.