BONO DE AXUDA A AUTÓNOMOS TR341Q. APOIO A EMPRESAS AFECTADAS POLA COVID EN GALICIA
Este novo bono de axuda da Xunta destinado a autónomos ten por obxectivo mellorar a competitividade empresarial ou profesional dos traballadores autónomos a través do desenvolvemento do seu enfoque estratéxico e investimentos en bens tanxibles e intanxibles.
A quen se destina?
Persoas traballadoras autónomas e autónomos societarios con antigüidade de maneira ininterrompida de 42 meses con domicilio fiscal en Galicia
Cal é a contía da axuda?
Un 80% sobre o investimento con ata 3.000 € de axuda.
Que gastos son subvencionables?
Desenvolvemento de plans de márketing, comunicación, crecemento, e demais cara a melloras a nivel produtivo.
Investimento en maquinaria, mobiliario, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxina web, entre outros gastos.
Prazo de presentación
Dende o 14 de xaneiro ata o 14 de febreiro.
Mais información
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_es.html