O CONCELLO DE CARRAL SÚMASE Á CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña Liberdade de ser e sentir da Deputación da Coruña. Como parte da iniciativa levaranse a cabo obradoiros infantís e unha palestra a cargo da sexóloga Martina González Veiga.

O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e da súa identidade de xénero. Así mesmo, búscase normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.