A XV EDICIÓN DA LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS ‘MÓLLATE POLOS RÍOS’ TERÁ LUGAR O 25 DE SETEMBRO EN CARRAL
O vindeiro, 25 de setembro, aterrará no concello de Carral unha nova edición do programa de voluntariado ambiental ‘Móllate polos ríos’, na que participa a Asociación de Custodia do Territorio Brexa.
A xornada, que terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, centrarase nas labores nun tramo do río Barcés, ao seu paso polas parroquias de Paleo e Sarandóns.
Podedes anotarvos no 698 146 685, en brexa.asociacion@gmail ou na páxina web e as redes sociais da asociación.