A agrupación dos concellos de Carral, Abegondo e Bergondo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais para a prestación do Servizo de Atención Temperá
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
O Servizo de Atención Temperá está dirixido a menores de 0 a 6 anos que presenten dificultades no seu desenvolvemento ou estean en risco de presentalas.
O obxectivo é facilitar os medios e recursos precisos para potenciar as súas capacidades, desenvolvemento e benestar.
O servizo presenta:
- Asesoramento a consultas relacionadas co desenvolvemento.
- Diagnóstico e valoración do nivel de desenvolvemento das nenas e nenos.
- Desenvolvemento sensoriomotor e cognitivo.
- Desenvolvemento da linguaxe e da comunicación.
- Desenvolvemento da autonomía (aseo, vestido, control de esfínteres…) e da área social e afectiva.
- Apoio, información e formación da familia.
Para iso, o programa conta cun equipo profesional especializado en:
- Terapia ocupacional.
- Psicoloxía.
- Logopedia.
Deberanse entregar os seguintes documentos:
- Díptico do SAT da agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral.
- Solicitude de atención temperá.
- Formulario de derivación de pediatría a atención temperá.