A agrupación dos concellos de Carral, Abegondo e Bergondo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais para a prestación do Servizo de Atención Temperá

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.

O Servizo de Atención Temperá está dirixido a menores de 0 a 6 anos que presenten dificultades no seu desenvolvemento ou estean en risco de presentalas.

O obxectivo é facilitar os medios e recursos precisos para potenciar as súas capacidades, desenvolvemento e benestar.

O servizo presenta:

  • Asesoramento a consultas relacionadas co desenvolvemento.
  • Diagnóstico e valoración do nivel de desenvolvemento das nenas e nenos.
  • Desenvolvemento sensoriomotor e cognitivo.
  • Desenvolvemento da linguaxe e da comunicación.
  • Desenvolvemento da autonomía (aseo, vestido, control de esfínteres…) e da área social e afectiva.
  • Apoio, información e formación da familia.

Para iso, o programa conta cun equipo profesional especializado en:

  • Terapia ocupacional.
  • Psicoloxía.
  • Logopedia.

Deberanse entregar os seguintes documentos:

  • Díptico do SAT da agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral.
  • Solicitude de atención temperá.
  • Formulario de derivación de pediatría a atención temperá.