A BIBLIOTECA INFANTIL CAMBIA O SEU HORARIO

Coa entrada do novo Parque rúa Castro - 2014 - 18wano a Concellería de Cultura comunica a variación que desde esta semana existe no horario de apertura da biblioteca infantil da Rúa do Castro. Agora abrirá os luns, mércores e xoves, de 16:30 a 19:00 h.

Este cambio realízase para axustarse ás preferencias dos usuarios e usuarias, detectándose que na tarde dos venres o uso da biblioteca infantil era moi escaso. Despois dun proceso de consulta, trasladouse a apertura dos venres para o xoves.

Estas dependencias acollen os exemplares destinados ao público de entre 0 e os 12 anos, con elementos nas instalacións que permiten aos nenos iniciarse e fomentar a lectura nun espazo que reúne as condicións idóneas para o seu lecer.