A CURTAMETRAXE A NENA AZUL, PROTAGONIZADA POR UNHA CARRALESA, PROXÉCTASE NA CASA DA CULTURA

a nena2A nena azul é unha curtametraxe dirixida por Sandra Sánchez que conta a historia dunha rapaza que fuxe do colexio, refúxiase nunha praia na busca do seu pai, e alí coñece a outra nena que se lle parece moito. Está protagonizada por Carla Díaz, Sergio Zearreta e a carralesa Lucía González.

A película proxectarase no marco do ciclo Cine na Casa da Cultura, o venres 21 de decembro, ás 19:30 h. A súa directora presentará a curtametraxe e manterá un coloquio, xunto ás rapazas protagonistas, co público que asista á sesión.

A entrada é de balde e as localidades son limitadas.

A continuación, ás 20:30 h, segundo está previsto no programa de cine, proxectarase La Reina Victoria e Abdul, unha película baseada na historia real que aconteceu entre a raíña británica e un súbdito da India a finais do século XIX, e que foi dirixida por Stephen Frears.

O sábado 22 a sala de audiovisuais da Casa da Cultura acolle o filme Cars 3, que se presentará ás 17:00 h. Para esta sesión é necesario retirar previamente os convites.