A MATRÍCULA NO COMPLEXO DEPORTIVO DE CARRAL SERÁ GRATUÍTA ENTRE OS MESES DE NOVEMBRO E XANEIRO

Co fin de achegar o deporte ao maior número de veciños e veciñas e de dar a coñecer os servizos e instalacións municipais, a matrícula no Complexo Deportivo de Carral será gratuíta entre os meses de novembro e xaneiro. Así o confirma o concelleiro de Deportes, Francisco Bello, que confía en que esta medida sirva para “impulsar o número de inscricións na instalación municipal”.

A maiores desta iniciativa, as persoas socias do Complexo poderán asistir ás clases dirixidas (tonificación, zumba, circuit T, aerobox, GAP, etc.) de xeito gratuíto e desfrutarán de descontos no aluguer das pistas de pádel. Ademais, os usuarios e usuarias desta instalación poderán aforrar unha cota se traen a un amigo ou amiga.