ARRANCA O XVI CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE CHAVE DE CARRAL

Esta actividade data de 1997 e ano tras ano reúne un gran número de xogadores.

 Cartel interparroquial de chave 2015Na liña de apoio e promoción constante ao deporte tradicional na localidade, o Concello de Carral pon en marcha este verán a 16ª edición do xa clásico Campionato Interparroquial de chave. Esta competición que enfronta a equipos das diferentes parroquias do municipio naceu en 1997 co obxectivo de fomentar o encontro, a amizade e a unión entre as xentes das parroquias da localidade usando para iso este deporte tradicional enormemente arraigado no noso municipio.

Esta edición arranca o sábado 22 de agosto as 20.00 h nas diferentes canchas da localidade, e nela toman parte 4 equipos formados por chaveiros federados e afeccionados de todas as parroquias da localidade; participarán equipos como: Peña Casa Couto de San Vicente, “O Pazo” de Quembre, “O Voitre” de San Vicente e “Cañás”, reunindo todos eles aproximadamente 50 xogadores.

Todos eles toman parte nunha competición totalmente amigable cun formato de liguilla, que constará de 3 xornadas distribuídas ao longo da segunda quincena do mes de agosto e primeiros de setembro. Finalmente para termo desta festa deportiva, o día 5 de setembro, coincidindo cas festas patronais da localidade, os equipos xogarán unha xornada conxunta no Campo da Feira de Carral, despois da cal se entregarán os trofeos aos mellores equipos e aos máximos chaveiros do campionato. Despois todos os participantes poderán degustar uns entremeses.

Nesta primeira xornada de competición, terán lugar os seguintes encontros:

 

Xornada 1ª (Sábado 22 de agosto)
Equipo local   Equipo visitante   Cancha

Quembre

Casa Couto

Local S. Quembre(domingo 12.00 h)

Cañás

O Buitre

Local Social Cañás(sábado 20.00 h)