Entries by Carlos

CULTURA LOGROU MANTER NO 2020 O NIVEL DE PROGRAMACIÓN PREVISTO SEN A PANDEMIA

O departamento de Cultura do Concello de Carral ven de facer público o informe de avaliación da súa programación de actividades do 2020. Evidentemente os índices de asistencia víronse diminuídos pola pandemia, mais o compromiso adquirido para evitar cancelar actividades culturais púidose manter con case a totalidade da programación. O informe lanza varias conclusións entre […]

CONCURSO DE ENTROIDO “CHOQUEIR@ DE ANDAR POLA CASA”

A pandemia esta a cambiar as nosas vidas e o Entroido e outra das nosas representacións culturais que se vai ver afectado. Desde a Concellería de Cultura non queremos que unha das nosas tradicións máis arraigadas quede este ano no esquecemento. E para iso organizase desde este departamento un concurso “virtual” aos mellores disfraces choqueiros […]

O CONCELLO DE CARRAL ACOLLE O OBRADOIRO GRATUÍTO DE CREACIÓN DIXITAL “CONSTRUÍMOS UN RELATO”

O taller, que desenvolve a entidade cultural BenCuriosa, está especialmente pensado para as persoas vinculadas a asociacións e colectivos do concello. O vindeiro 3 de marzo comeza o obradoiro Construímos un relato. Un taller que se desenvolverá integramente en liña e que ten como obxectivo facilitar un contexto de experimentación en equipo en torno á […]

DECRETO DA ALCALDÍA-SUSPENSIÓN DOS MERCADOS TRADICIONAIS QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE AO AIRE LIBRE OU DE VENDA NON SEDENTARIA NA VÍA PÚBLICA (FEIRA OU MERCADILLO) NO CONCELLO DE CARRAL DENDE A DATA (28 DE XANEIRO DE 2021)

DECRETO DA ALCALDÍA ASUNTO: SUSPENSIÓN DOS MERCADOS TRADICIONAIS QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE AO AIRE LIBRE OU DE VENDA NON SEDENTARIA NA VÍA PÚBLICA (FEIRA OU MERCADILLO) NO CONCELLO DE CARRAL DENDE A DATA (28 DE XANEIRO DE 2021) EXPEDIENTE: 2021/G003/000049Logo de ver o decreto 8/2021 da Presidencia da Xunta de Galicia, do 26 de […]

CONCESIÓN DEFINITIVA PEL REACTIVA

ANUNCIO Con data 22 de xaneiro dende o Concello de Carral establécese a CONCESIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS PEL REACTIVA (FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA) DO CONCELLO DE CARRAL. O obxecto desta concesión é financiar gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia e autónomas e as microempresas […]

CONVOCADA A 24ª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL

O departamento de Cultura do Concello de Carral, ven de convocar unha nova edición do seu certame de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación do libro gañador en Edicións Espiral Maior. Neste ano 2021 chégase ás 24 edicións, sendo un dos concursos de referencia no ámbito da poesía galega. A nova […]

CONCESIÓN PROVISIONAL DE AXUDAS PEL REACTIVA

Con data 5 de xaneiro de 2021 a Alcaldía ditou a resolución de concesión provisional de axudas PEL REACTIVA, cofinanciadas nun 80% pola Excma Deputación da Coruña e cun 20% polo Concello de Carral. Axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas afectadas pola crise santiaria ocasionada pola […]

XABI LONGUEIRÓN OFRECE UN CONCERTO INFANTIL EN TABEAIO

O Local Xente Nova de Tabeaio acollerá un concerto infantil a cargo de Xabi Longueirón o sábado 26 de decembro ás 17:00 h. Xabi Longueirón, que é mestre no colexio Vicente Otero, conta cun interesante e exitoso repertorio de música infantil, que o ofrecerá ás nenas e nenos de Carral. O aforo é limitado e […]