Entries by Carlos

TABEAIO ACOLLE O CONCERTO DE NADAL

Un ano máis, ao chegar estas datas do Nadal, a concellería de Cultura organiza en colaboración coa Asociación Cultural Aires de Carral, o Festival de Panxoliñas. Participarán a coral polifónica San Pedro de Domaio, o grupo de música tradicional Arnela e a coral polifónica Aires de Carral. As tres agrupacións interpretarán as cancións típicas desta […]

TRES PELÍCULAS PARA DOUS DÍAS NA CASA DA CULTURA

O departamento municipal de Cultura segue co ciclo de Cine na Casa da Cultura, con proxeccións para este venres e sábado. A sesión do venres abrirase cunha curtametraxe galega, Beautiful Boy, de Fran X. Rodríguez, que manterá un breve coloquio cos espectadores. A continuación comezará a película inglesa Kingsman: el círculo de oro. Esta sesión […]

CAMPAÑA DE NADAL REIS MAGOS DE VERDADE

Existen moitos nenos e nenas que non teñen agasallos este Nadal…. Dende Reis Magos de Verdad e coa colaboración do Concello de Carral queremos que cada neno ou nena e incluso os membros das súas familias teñan o seu regalo de Nadal. Pero non un agasallo calquera se non que, como pasa na maioría dos […]

O XOVES 29 HABERÁ UN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère. O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas. Será o xoves […]

PROPOSTA DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A, A TEMPO PARCIAL, PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

Publícase o anuncio do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de auxiliar administrativo, a tempo parcial, para o departamento de Servizos Sociais. Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións. anuncio tribunal

EXCURSIÓN Á NEVE COA OMIX!

Entre os días 3 e 7 de marzo a OMIX de Carral, organiza unha excursión á neve, concretamente a Astún, estación de esquí do Perineo aragonés, para mozos e mozas a partir de 14 anos. A saída realizaríase o día 3, desde a Casa da Cultura, ás 7:00 h. e o regreso ó mesmo punto […]

RAPACES DE PRIMARIA GOZARON DO TEATRO DE GALICREQUES

Alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio. A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques […]