Entries by prensa

O COMPLEXO DEPORTIVO DE CARRAL VOLVERÁ ABRIR AS SÚAS PORTAS O LUNS ATENDENDO Á MELLORA DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

O Complexo Deportivo do Concello de Carral volverá abrir as súas portas desde o luns, 1 de marzo. Farao, iso si, atendendo a un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio pola covid-19. Este documento inclúe medidas que afectan, non só ao uso do ximnasio, senón tamén ao desenvolvemento das actividades gratuítas […]

CARRAL BUSCA LEVAR A IGUALDADE ÁS RÚAS E ANIMA AOS VECIÑOS E VECIÑAS A ELIXIR O NOME DUNHA MULLER PARA BAUTIZAR UN LUGAR PÚBLICO

Atendendo á situación sanitaria actual, o Concello de Carral non organizará actividades presenciais para conmemorar o Día Internacional da Muller. Así o confirman desde o goberno local incidindo, iso si, en que levarán a cabo “propostas para seguir  promovendo a  igualdade entre homes e mulleres entre a cidadanía”. Así, o Concello acaba de poñer en […]

INFRAESTRUTURAS AGRARIAS CALCULA QUE O 100% DAS FINCAS DA PARCELARIA DE SAN VICENTE ESTARÁN REXISTRADAS EN MARZO

O alcalde de Carral, Javier Gestal, mantivo unha reunión coa xefa de servizo de Infraestruturas Agrarias para abordar a situación actual da parcelaria de San Vicente de Vigo. Durante o encontro, o rexedor preguntou polo estado no que se atopa este proceso actualmente. Segundo os cálculos do organismo, o 100% das leiras estarán entregadas aos […]

INFORMACIÓN EN RELACIÓN AO CONVENIO ENTRE A XUNTA, FEGAMP E SEAGA EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

En virtude do convenio entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención de incendios forestais infórmase do seguinte: Realizaranse inspeccións en campo e notificarase aos propietarios e propietarias das parcelas que limitan coas pistas sinaladas no plano sen xestionar. As persoas propietarias contarán cun prazo de 30 días naturais, contados […]

CARRAL DESTINARÁ 112.406 EUROS DO PLAN ÚNICO A REFORZAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E EMERXENCIA SOCIAL E Á CONTRATACIÓN DE PERSOAL

O Concello de Carral investirá 112.406 euros procedentes do Plan Único reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), emerxencia social e a contratar máis persoal para o departamento de Servizos Sociais. O obxectivo desta proposta non é outro que “aumentar as partidas de gastos sociais para facer fronte á situación derivada da pandemia da […]

CARRAL DESTINARÁ 400.000 EUROS DO PLAN ÚNICO Á MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E Á SEGURIDADE VIARIA

O Concello de Carral celebrará este xoves, 4 de febreiro, un pleno extraordinario con carácter ordinario para dar luz verde ao Plan Único da Deputación da Coruña. Con cargo ao plan provincial, o goberno local propón dedicar preto de 400.000 euros á execución de varios proxectos que supoñerán unha mellora considerable nos servizos e infraestruturas […]

‘UN NADAL DIFERENTE PERO CON ALTERNATIVAS’, O CONCELLO PLANEA UNHA COMPLETA OFERTA PARA AS FESTAS

O Concello de Carral leva meses traballando para reaxustar a programación de Nadal á situación sanitaria provocada pola COVID-19. En palabras do goberno local, “o obxectivo era manter a programación de Nadal, pero adaptándoa á nova normalidade para garantir, por enriba de todo, o benestar dos veciños e veciñas”. Para conseguilo, e baixo o título […]

PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Despois de que o Concello de Carral aprobase, inicialmente, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, informámosvos do seguinte: O borrador do plan sométese a información pública para que calquera persoa poida examinalo no departamento de medio ambiente ata o 11 de xaneiro. Máis información no servizo de Medio Ambiente do […]