Entries by prensa

VINTE E UNHA PARELLAS DISPÚTANSE NO TORNEO DE PÁDEL DE CARRAL

O Concello está celebrando a 1ª fase do seu Torneo de Pádel por Parellas, no que participan un total de 21 parellas. En total, nesta primeira fase de liguilla -que se disputará ata o 21 de agosto- están tomando parte 42 persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 58 anos. A competición divídese […]

UN REFORZO NA SEGURIDADE VIARIA DE TABEAIO E CARRAL A TRAVÉS DA ELEVACIÓN DE PASOS DE PEÓNS E A INSTALACIÓN DE SEMÁFOROS

Os núcleos de Tabeaio e Carral verán reforzadas as súas condicións de seguridade viaria coa elevación de pasos de peóns, a instalación de semáforos, a colocación de iluminación e de nova sinalización. Estas intervencións realizaranse a través dun convenio coa Deputación da Coruña e supoñerán resolver os problemas de accesibilidade, seguridade e visibilidade en varios […]

CARRAL CONTARÁ CO SERVIZO DUN AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL A TRAVÉS DUN CONVENIO COS CONCELLOS DE OZA-CESURAS E COIRÓS

En convenio cos Concellos de Oza-Cesuras e Coirós, Carral optou a unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para poder ter o servizo dun Axente de Desenvolvemento Local en Carral que poida facilitar a implantación de políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial. O Concello de Oza-Cesuras, como promotor, publica as […]

AXUDAS A PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

O Instituto Enerxético de Galicia, publica: Axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica: colocación de paneis solares e acondicionamento da enerxía eléctrica (monitorización, cableado, sistemas de acumulación, etc.). Esta liña de axudas está dirixida a autónomos, empresas e entidades sen ánimo de lucro. Prazo: 16/07/2021 a 01/12/2021 Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello […]

CARRAL PROPONSE ACABAR COA BASURALEZA E ORGANIZA UNHA ACCIÓN DE VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL NO CAMIÑO INGLÉS

O Concello de Carral proponse rematar coa basuraleza -residuos abandonados nas contornas naturais- dunha vez por todas. Para logralo, levará a cabo unha acción de voluntariado medioambiental coa que busca retirar este lixo nalgúns dos tramos do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio. A través do “Proxecto orixe, facemos camiño”, impulsado por SEO BirdLife e financiado […]

“PROXECTO ORIXE, FACEMOS CAMIÑO”

O Concello de Carral organiza unha actividade de voluntariado de sensibilización ambiental “Basuraleza” en algúns tramos do Camiño de Santiago (Camiño Inglés), coa finalidade de mellorar a situación ambiental do noso municipio. O “Proxecto Orixe, Facemos camiño” está financiado pola marca Cabreiroá e impulsado pola asociación “SEOBIRDLIFE”, e poñera a disposición de todas as persoas […]

CARRAL DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á 1ª QUENDA DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN, QUE FAVORECERÁN A CONCILIACIÓN DE 136 FAMILIAS

Carral viviu, esta semana, o pistoletazo de saída da 1ª quenda dos seus campamentos de verán, cos que se favorecerá a conciliación de 136 familias do municipio ao longo das vindeiras semanas. A nova convocatoria arrincou o luns con dúas importantes novidades en materia de conciliación: por un lado, ampliando os horarios das actividades ata […]

O CONCELLO INICIA A EXECUCIÓN DO SANEAMENTO NOS LUGARES DE BALBÉN, AMEÁS E A RAMALLEIRA, NA PARROQUIA DE SAN VICENTE DE VIGO

O Concello de Carral iniciou a execución do saneamento nos lugares de Balbén, Ameás e A Ramalleira, na parroquia de San Vicente de Vigo. Estas actuacións, englobadas dentro dunha primeira fase, están a realizarse con cargo ao POS+ adicional 2019 da Deputación da Coruña. O proxecto do Concello servirá para instalar preto de 2.000 metros […]